sexta-feira, 29 de junho de 2007

Sardiñas lañadas o carón do Torreón dos Andrade.


O sábado día 30 de Xuño a partires das 5 do seráne para despedir o mes, terá lugar unha sardiñada moi especial.
Será unha sardiñada na que se poderán degustar as sardiñas asadas como sempre pero que nos brindarán unha oportunidade de probar as sardiñas lañadas sobretodo dirixido a tóda-las persoas que nunca tiveron a oportunidade de poder degustá-las.
¡Que o pasedes ben!

Concerto e sardiñada no Beer´s Club.


O pasado fin de semán estaba anunciado tanto unha sardiñada como un concerto de los Zares no Beer´s Club e por causas alleas xa que non se remataron a tempo unhas obras de ampliación da cociña do local, tívose que pospoñer para esta fin de semán, por o que hoxe sobor das 21'00 horas na Alameda de Raxoi terá lugar unha sardiñada, dando paso mais tarde o concerto de los Zares xa dentro do Beer´s Club.
¡Que o pasedes ben!

sexta-feira, 22 de junho de 2007

Noite de San Xoan + sardiñada = Fubolín.



Si, as matemáticas non nos enganan, e vounas aplicar a noite máxica de San Xoan.
Como tódo-los anos cando se achega a noite de San Xoán todo o mundo pensa nas sardiñas e pensar nas mesmas en Pontedeume é pensar no Fubolín.
O Fubolín é un bar que da a duas rúas, a de Lombardero e a de Betanzos, pois nesta última sobor das dez da noite xa poderemos ver tódolos preparativos que porá o noso dispor Xulio e mais Rosa.
Con a rúa ocupada por toda a xente que alí se dará cita o son da música de "Saavedra"dende Fene, nos encherán de ledicia e sardiñas.
Xa vos amosarei fotos do evento.
¡Que o pasedes ben!.

quinta-feira, 21 de junho de 2007

Concerto e sardiñada no Beer´s Club.


Mañán día 22 a partires das 21'00 horas terá lugar na Alameda de Raxoi unha gran sardiñada, podendo disfrutar sobor das 00'00 horas na cervexería dun concerto a cargo dos Zares.
¡Que o pasedes ben!.

sexta-feira, 15 de junho de 2007

Rock dos 60 no Beer´s club.


Estamos a venres e como xa se fai habitual temos a oportunidade de disfrutar dos concertos a media noite do Beer´s club.
Nesta ocasión poderemos disfrutar dun concerto de rock dos anos 60 a cargo dun grupo de recente creación chamado Coyote Express.
¡Que o pasedes ben!.

sábado, 9 de junho de 2007

En duas palabras im - presionante.





Onte tivo lugar no Beer's club o concerto de tódolos venres, pero o de onte non foi un venres mais, foi o venres, xa que poidemos disfrutar do Grupo Goldenight.
No concerto de onte homenaxe a Tina Turner, poidemos disfrutar ainda que a acústica da sala non é moi boa, dun sonido espectacular e das increibles e potentes voces das suas cantantes, chegando por momentos a ter a sensación se pechabas os ollos que estábamos nun concerto da musa do Soul.
Non me queda mais que darlles a noraboa e reconocerlles o seu traballo, pasando a nomear a tódolos compoñentes do grupo e animarvos a que si tedes a ocasión de presenciar algún concerto seu non deixedes pasar a ocasión.
Os integrantes son Noelia a voz; Bea en teclados e voz; Elena voz; Colás a batería; Sito na guitarra midi; Miguel a guitarra; Sergio no baixo; e Tomás a guitarra.
Unha aperta e gracias por este concerto.

sexta-feira, 8 de junho de 2007

Teatro na praza do convento.

Hoxe as 21'00 horas terá lugar na praza do convento, o desenrolo dunha obra de teatro por parte da compañía de teatro "Arje" pertencente o instituto de Pontedeume.
A mesma porá o broche de ouro e clausurará a Semán do Libro que se viña a desenrolar na Vila.
A entrada será libre, por o que vos aconsello que acudades pronto a coller o voso sitio para poder difrutar da mesma.
¡Que o pasedes ben!.

Concerto no Beer´s Club.


Hoxe a media noite terá lugar o concerto de tódolos venres do Beer´s Club.
Nesta ocasión será na honra de Tina Turner a cargo do Grupo Goldenigth de Ferrol, un grupo que especialmente vos recomendo sobretodo dende que coñezo a un dos integrantes e a sua traxectoria. Prometo amosarvos nunha próxima entrada fotografías do evento. ¡Que o pasedes ben!.

quinta-feira, 7 de junho de 2007

Non todo van a ser Festas.


Como reza o titular, non todo van a ser festas, polo que vos amoso o cartel anunciador dun torneo de fútbol 7 que se desenrolará na vila os vindeiros días, concretamente do 27 o 30 de xuño baixo a organización do Eume Deportivo. ¡Que o pasedes ben!.

quarta-feira, 6 de junho de 2007

Buscador de Festas en Galicia.

Teño o gusto de amosarvos un enlace que me fixo chegar un amigo, no que poderedes buscar as Festas que poderemos disfrutar en toda galicia.
Na mesma poderedes buscar tanto por datas como por localidades.
Unha aperta e graciñas por a tua colaboración Evaristo.
¡Que o pasedes ben!.

domingo, 3 de junho de 2007

Festas en Cabañas


Mais do mesmo, pois xa sei que Cabañas non pertence ao noso concello, pero dada a sua proximidade a nosa vila, somentes temos que cruzar a ponte, amósovos o cartel das festas de Cabañas para o disfrute e lecer de todos nós.
As festas do Corpus escomenzarán o vindeiro sábado día 9 de xuño con un pasarúas a cargo do grupo de gaitas ALDABRA, e sobor das 23'00 horas poderemos disfrutar da ORQUESTRA VENECIA, ata altas horas da mañán.
Para o domingo nos teñen previsto despertar con unha salva de bombas de palenque sobor das 9 da mañá, para que teñamos tempo de acudir as 12'00 a Misa Cantada por INTERMEZZO, podendo disfrutar despois tanto na sesión vermouth, como na festa e verbena da ORQUESTRA MONTES, téndonos reservado como sorpresa final e remate das festas, unha gran tirada de Fogos de Artificio sobor da media noite. ¡Que o pasedes ben!.

sábado, 2 de junho de 2007

Concerto no Beer´s Club.



Como tódolos venres poidemos disfrutar do concerto que se celebra no beer's club, tocándolle nesta ocasión a unha homenaxe a "Los Secretos" da man de catro amigos como son Marcos Mella a voz, Iño Cid no baixo, Cabe na guitarra e José Piñeiro a batería, sendo estes dous últimos, integrantes de LOS TIGRES DEL CAÑOTAS, un grupo que particularmente vos recomendo, non rematando ahí a noite xa que debido a xenerosidade de José Piñeiro, permitiu que subise a tocála batería Moncho Prego o cal nos amosou as suas virtudes na batería. Noraboa por o concerto.