quarta-feira, 30 de abril de 2008

I festa do Langostino en Centroña

O vindeiro venres 2 de maio a partires das 8 do serán terá lugar en Centroña-Pontedeume a I Festa do Langostino, pasando despois de dar conta das viandas a disfrutar de festa rachada a cargo da Orquestra Panamá. Sortearánse agasallos durante a noite.
¡Que o pasedes ben!.


terça-feira, 29 de abril de 2008

30 de abril festa e polbo en Campolongo


O vindeiro 30 de Abril hai festa en Campolongo-Pontedeume coa colaboura do Concello de Pontedeume.
Na mesma poderemos comer Polbo xa que haberá a esgalla a partires das 9 da noite a 10 euros a ración, para aguantar despois a festa e verbena a cargo da Orquestra Foliada ata altas horas da madrugada.
¡Que o pasedes ben!.

sábado, 19 de abril de 2008

O 8 de maio vamos de Romaría a Breamo

Xa temos nas rúas os carteis da Romaría de Breamo, polo que mirando o calendario vemos que xa queda pouco para o " Solo te pido, solo te pido que me dejes tres días al año, San Miguel, Breamo y el río .....".
¡Que o pasedes ben!.


quinta-feira, 17 de abril de 2008

Chenoa nas festas de Ombre

Xa temos nas rúas o cartel das festas de Ombre, cartel que vos amoso. En devandito cartel podemos apreciar os tres días de festa en maio e un día para o mes de xullo.
Dentro dos tres días de maio, concretamente o día 10 ás 00'30 horas terá lugar a actuación de Chenoa, actuación que enmarcada dentro da Xira "Absurda Cenicienta 2008" fará escala en Ombre.
  • O día 10 de maio haberá un pasarrúas a cargo do grupo de gaitas "Meigallo", as 11 haberá unha exposición de coches de época, misa solemne ás 12'30 horas e sesión vermú coa Orquesta Foliada. Festa e verbena coa mesma orquesta e ás 00'30 horas o concerto de Chenoa.
  • O día 11 de maio continuarase coa exposición de coches antigos que farán unha ruta pola parroquia. Ás 12'30 horas misa solemne e sesión vermú a cargo da Orquesta Xente Nova.
¡Que o pasedes ben!