sexta-feira, 31 de agosto de 2007

Chegan a Pontedeume as Festas, "As Peras 2007".

Estamos as portas de que cheguen as Festas das Peras en Pontedeume e neste ano como nos derradeiros prometen diversión e festa por tódolos recunchos da Vila.
Para que estedes informados de toda a programación invítovos a visitar o blog dun amigo, As Peras 2007, no que nos amosa toda a programación e actividades día por día.
Unha aperta por o blog, e grazas por o traballo que fixeches en aras de que tivésemos toda a información posible da festa.
¡Que o pasedes ben!.


quinta-feira, 23 de agosto de 2007

Vai de Camiño o día 25 de agosto en Pontedeume.


Me mandaron este concerto para este día 25 de agosto en Pontedeume por correo, que terá lugar na praza da Alameda a partires das 21'00 horas no que escomenzará o pasarúas e o concerto as 23'00 horas, para mais información premede aquí.
Haberá Pasarúas a cargo de "Os Enxebres de Cacheiras + Fontes Suairas", Dani Bellón e Diego Maceiras + Mercedes Peón.
¡Que o pasedes ben!.

1 Mostra de Artesanía e 2 Feira de Producción Ecolóxica e Artesanal do Eume.


Nos vindeiros días 24, 25 e 26 de agosto poderemos disfrutar da 1 Mostra de Artesanía na casa da Cultura en horario de 10'00 a 14'00 horas e 17'30 a 21'00 horas podendo asistir a demostración que haberá o día 25 en horario de 11'30 a 14'00 horas e de 17'00 a 21'00 horas.
Por outra lado tamén teremos a 2 Feira de Producción Ecolóxica e Artesanal do Eume o día 25 de agosto na Alameda de Raxoi en horario de 10'00 a 21'00 horas.
¡Que o pasedes ben!.

1 Festa "Bisté da Marola" ou Sardiñas Lañadas.


O venres día 24 de agosto as 21'00 horas na alameda de Raxoi, terá lugar a 1 Festa do "Bisté da Marola".
O Bisté da Marola como en Pontedeume se chama, son as sardiñas lañadas que todos sabemos como se fan e o mellor de todo que sabemos o boas que están, por o dende aquí vos recomendo asistir a mesma.
Como fin de festa podremos disfrutar con o grupo Nor-folk.
¡Que o pasedes ben!.

segunda-feira, 20 de agosto de 2007

2º Concerto do Ciclo de Jazz do Bar Fubolín.


Chegamos o segundo concerto que se celebrará no sitio de costume, na rúa Betanzos sobor das 22'30 horas.
Nesta ocasión poderemos disfrutar da actuación de Hot 3sss, da que vos podo decir que sairedes contentos xa que coñezo a algún dos seus integrantes.
¡Que o pasedes ben!.

sexta-feira, 17 de agosto de 2007

II Festival de Jazz de Pontedeume.


Chega a sua II edición o Festival de Jazz de Pontedeume.
Este sábado 18 Agosto sobor das 22'00 horas e no marco incomparable que nos ofrece a Praza da Calzada, poderemos disfrutar destes cuatro grupos que vos paso a nomear:
  • Gypsy Jazz Proyect (Barcelona).
  • Cool Beat (Coruña).
  • Enrique Guzmán Quarter (Vitoria).
  • A Magnifique bande des hommes sans peur.
Para hoxe por a noite haberá tamén un concerto de música rock do que vos poderedes informar en Pontedeume Fala.
¡Que o pasedes ben!.

Noite de Teatro en Pontedeume. Os Tirinautas con "Os 3 da Comedia" .

Hoxe sobor das 21'30 horas, poderemos disfrutar da Obra de Teatro "Os 3 da Comedia" levada a cabo por a Compañía "Teatro dos Tirinautas" de A Estrada-Pontevedra.
Esta compañía de teatro nace alá por o ano 1996 como grupo de teatro do Concello da Estrada, dando o salto definitivo hacia a sua profesionalización no ano 2004 con o seu éxito "Ensalada de Mosquito".
Esta obra a protagonizan Isi, Melchor e Javier, que son tres dos finalistas da primeira edición do concurso da TVG, O Rei da Comedia.
É un divertido espectáculo que segue o formato de programas televisivos como "El Club de la Comedia" no que versa sobre as vivencias cotiáns, empregando a comicidade que se desprende do rico anecdotario do día a día impregnado neste caso dun forte ruralismo na súa concepción.
Agradecerlle dende aquí a Manu, que me fixese chegar toda esta documentación para así poder mantervos informados, grazas.
Entrada libre.
¡Que o pasedes ben!.

quarta-feira, 15 de agosto de 2007

Novo Concerto das lúas Cheas da Rúa Real de Pontedeume. Hoxe Pulpiño Viascón.

Este xoves 16 de Agosto e sobor das 22'00 horas, poderemos disfrutar dun novo concerto esta vez a cargo de Pulpiño Viascón e Miguelón de la Rubia a guitarra e voz. Deixovos tamén un enlace donde poderedes saber algo mais de Pulpiño e outro donde poderedes ver o videoclip da canción con a que gañou o festival "A polo ghit" do 2006, e sobor de todo o do serrucho.
¡Que o pasedes ben!.

terça-feira, 14 de agosto de 2007

Festas en Centroña.


As festas de Centroña escomenzarán o vindeiro día 15 as 08'00 horas con unha salva de bombas de palenque e de seguido con unha alborada a cargo do Grupo de Gaitas "Airiños do Frade", ata que as 13'00 horas escomence unha misa solemne acompañada da Coral Polifónica Eumesa. Mais tarde xa sobre as 22'30 horas escomenzará a festa a cargo da Orquestra Bámbola ata altas horas da madrugada.
Para o día 16 as 08'00 horas nos levantarán con unha salva de bombas de palenque, as 13'00 horas haberá misa solemne acompañada da Coral do Pote e o seu remate sesión vermut. Por a tarde as 17'00 horas haberá unha gran festa infantil e as 19'00 horas un concurso de Tortillas e Doces, para chegar as 22'30 horas en que escomenzará a verbena ata altas horas da madrugada con a Orquestra Xente Nova.
Para o día 17 nos teñen preparada unha sesión vermut as 14'00 horas. As 20'00 horas nos reservan a actuación da Agrupación Cultural "A Marola" con gaitas, cantareiras e baile rexional. As 21'00 horas haberá unha Gran Pulpada para dar paso as 22'30 horas a verbena con a Orquestra Chaston que nos acompañará ata altas horas da madrugada, interrumpindo a sua actuación sobre a medianoite, para dar paso a unha tirada de Fogos de Artificio.
¡Que o pasedes ben!

Hoxe escomenza o Ciclo que o Bar Fubolín lle adica ao Jazz.


Hoxe día 14 de agosto escomenza o ciclo que o Bar Fubolín de Pontedeume lle adicará ao Jazz.
Sobor das 22'30 horas e na rúa Betanzos terá lugar o primeiro dos concertos proxectados por julio.
Nesta ocasión poderemos disfrutar de Najla & Héctor, os que dende aquí vos recomendo e vos emprazo a disfrutar.
¡Que o pasedes ben!.

segunda-feira, 13 de agosto de 2007

Éxito do IV Festival de Música de Pontedeume.

Tras ver o éxito do Iv festival de Música de Pontedeume, somentes me queda darlles a noraboa os seus organizadores e esperar con impaciencia a chegada do seguinte certame.
Na vila poidemos disfrutar con o son é o bo facer dos participantes no evento e despois con a compaña de algúns deles o carón de un bo viño, e o remate do Festival grazas a compaña de Juan Sarmiento e a sua guitarra, a festa estuvo asegurada ata altas horas da mañá.
Unha aperta.

domingo, 12 de agosto de 2007

"CHE SUDAKA" en Pontedeume.


O domingo día 12 no xardín de Lombardero, poderemos disfrutar do concerto que Che Sudaka nos ofrecerá a partires das 22'30 horas.
Este concerto esta argallado por Bar Fubolín, Taberna Tostaky, Gabriel Tizón e conta con a colaboración de Treme a Terra.
Antes de iniciarse o concerto sobor das 20'30 horas, poderemos disfrutar de comida mexicana para con mellor sabor de boca disfrutar con a música deste grupo.
¡Que o pasedes ben!

quinta-feira, 9 de agosto de 2007

En Pontedeume estamos de Antroido.

Noutras Vilas farán festas a esgalla, e na busca de pasalo ben aquí somos caseque os mellores ou polo menos atopámonos no top ten mundial.
Os días 10 e 11 de agosto, na Vila terá lugar o 3º Antroido de Verán, que como a propia palabra o di, festa e diversión por tódolos rincóns da Vila.
Baixo a organización de Juancho e con a colaboración do concello e de moitos establecementos hostaleiros, se irán repartindo puntos a os que acudan disfrazados a os anteriores, acadando premios os que acumulen mais puntos.
Nesta ocasión se repartirán un total de 1.300 euros tendo o primeiro premio unha cuantía de 300 euros.
O que queira festa xa non ten excusas, por o que dende aquí somentes me queda desexarvos ¡Que o pasades ben!.

quarta-feira, 8 de agosto de 2007

IV Festival de Música de Verán de Pontedeume.


No incomparable marco que nos ofrece a Praza de San Roque (A Calzada), nos xuntaremos para alegrarlles o verán e darlles a benvida a tódolos Eumeses e fieis visitantes con a linguaxe universal da música.
O marco histórico que nos viu nacer, con o río Eume, as suas praias e con Breamo gardándolle as suas costas, foi permanente fonte de inspiración musical xeración tras xeración
Así contamos con José Paz (Pepucho), Nardo Bellas, Jesús Fernández, Tito Ríos, ..., que siguen a manteñer a tradición de concertos e serenatas, seguindo o exemplo dos nosos ancestros.
A vosa presenza, ano tras ano, e o imprescindible apoio da Concellalía de Cultura, fan posible a celebración deste festival.
A Comisión.

Neste Festival poderemos contar como presentador a Manuel Molares e con as seguintes actuacións:
  • Coral Polifónica Eumesa
  • Coral Intermezzo
  • Rondalla Estrelecer (Fene)
  • Grupo Musical Charamela
  • Grupo Folclórico Orballo
  • Trasnochadores del Eume
  • Machucambos del Eume
Guitarra:
  • Carlos García
Solistas:
  • Zalo
  • Antonio Bujía
  • Ana Belén
  • Cristina
  • Amada
Comisión Organizadora:
  • Juan Sarmiento
  • Antonio Piñeiro López
  • Jesús Bardancas

¡Que o pasedes ben!.

sexta-feira, 3 de agosto de 2007

Festival Internacional de Folclore de Pontedeume.


Hoxe a partires das 21'00 horas no paseo marítimo de Pontedeume, baixo a organización da Agrupación Folclórica Orballo de Pontedeume e presentado por o locutor de radio Nicolás Camino, terá lugar un Festival Internacional de Música e Danzas Tradicionais.
Un certame que este ano acada a súa vixésima edición, e contará con a actuación de catro agrupacións entre a que estará Orballo de Pontedeume, Elenco de Música Coros y Danzas Jallmay (Perú), Asociación de Coros y Danzas Despertar el Ayer (Villanueva de Alcardete-Toledo) e a Compañía Estatal de Canto y Danza Tatarstan (Ex-República Soviética).
Coincidindo con o Festival terá lugar unha tómbola popular con o obxectivo de recaudar fondos para a Organización do Festival.
¡Que o pasedes ben!.

quarta-feira, 1 de agosto de 2007

Novo Concerto das lúas Cheas da Rúa Real de Pontedeume.

Para este xoves 2 de agosto a partires das 22'00 horas haberá un novo concerto na rúa Real, desta vez a cargo do Grupo Coruñés "The Virginals".
¡Que o pasedes ben!.