quinta-feira, 19 de novembro de 2009

Magosto Popular na Praza Real de Pontedeume



Baixo a organización da Asociación de Veciños "A Vila" e do Concello de Pontedeume, e coa colaboración das cafetarías "STOLLEN", "A COCIÑA" e "LA BOLERA", celebrarase un magosto polular na Praza Real de Pontedeume o día 21 de novembro a partir das 21'00 horas ao que quedades todos convidados.
A festa estará amenizada por Saavedra Show.
¡Que o pasedes ben!.

sexta-feira, 30 de outubro de 2009

IV Festival de Música de Outono en Pontedeume


O sábado 31 de outubro a partir das 20'00 horas na Igrexa de Santiago de Pontedeume, celebrarase o IV Festival de Música de Outono.
Neste festival contarase coa participación das seguintes agrupacións:

* Agrupación musical do Roseira (Pontevedra)
* Coral Eixil de Cedeira (Coruña)
* Orfeón Lucense (Lugo)
* Agrupación Músico-Vocal Intermezzo de Pontedeume (Coruña)

Este evento corre baixo a organización de Agrupación Músico-Vocal Intermezzo de Pontedeume (Coruña) coa colaboración do Concello de Pontedeume e a Deputación de Coruña.

¡Que o pasedes ben!

quinta-feira, 24 de setembro de 2009

Festas en Noguerosa


O próximo venres 25 de setembro darán comezo as festas en Noguerosa.
A partir das 21'30 horas haberá unha gran Churrascada e mexillonada, para a continuación dar comezo á verbena coas Orquestra FOLIADA e o Grupo TRIUNFO.

O día 26 a partir das 12'30 horas haberá unha sesión vermú a cargo da Orquestra MILENIUM.
Xa pola tarde a partir das 22'30 horas haberá unha gran verbena coa Orquestra MILENIUM e o dúo CAPRICORNIO ÉBANO.

O domingo día 27 a partir das 12'30 horas haberá misa de Campestre no campo da festa, para pasar a continuación a unha sesión vermú coa Orquestra EMPERADORES.
Xa pola tarde a partir das 20'00 horas dará comezo a verbena coa Orquestra EMPERADORES.

¡Que o pasedes ben!.

segunda-feira, 31 de agosto de 2009

Blog da Festa das Peras 2009

Co afán de chegar a máis xente, a Comisión de Festas Peras 2009, pon á nosa disposición o Blog "Festa dás Peras 2009", unha bitácora que nace co obxectivo de darlle publicidade a toda a programación e actividades previstas para as festas deste ano.

Unha ferramenta que se une ao labor informativo do Libro das Festas Peras 2009

e ao Cartel anunciador das Festas das Peras 2009.



¡Que o pasedes ben!.

domingo, 30 de agosto de 2009

Libro de Festas das Peras 2009

Xa se encontra nos puntos de costume o libro das Festas das Peras 2009,


un elemento que se volve imprescindible ano tras ano para aqueles que non queren perderse ou polo menos saber de todas as actividades previstas para as Festas das Peras 2009.

¡Que o pasedes ben!.

sexta-feira, 28 de agosto de 2009

Cartel Festa das Peras 2009

A continuación preséntovos o cartáz que anuncia as Festas das Peras 2009 en Pontedeume, unhas festas que comezan o próximo día 5 de setembro e rematan o 11 día da Xira Fluvial polo río Eume.


¡Que o pasedes ben!.

terça-feira, 25 de agosto de 2009

III Festa do Bisté da Marola en Pontedeume

O venres 28 de agosto a partir das 21'00 horas chegará á súa III Edición a festa do Bisté dá Marola, unha festa que ven precedida polo éxito das anteriores convocatorias.
O Bisté dá Marola ou sardiñas lañadas, é a sardiña pequena que tras un período no que se procede ao seu secado ao sol, se lle dá un golpe de prancha.
Unha festa gastronómica que dende este blog vos recomendo, á vez que vos recordo que o venres e sábado, os comerciantes eumeses "UCOA" celebrarán a feira do comercio eumés "Saldos do Eume".

sexta-feira, 21 de agosto de 2009

"Os Quinquilláns" polas rúas de Pontedeume

Hoxe venres 21 de agosto e dentro do programa "Vai de Camiño", en Pontedeume haberá PASACALLES e TEATRO NA RÚA a cargo de "OS QUINQUILLÁNS", unha compañía de teatro especializada no teatro de rúa e infantil dende 1989.
Representarán a obra "No fondo do Mar"

unha obra da que vos deixo a sinopse para un mellor seguimento desta.
O inicio da representación está previsto sobre as 21'30 horas na Praza da Calzada, para durante o desenvolvemento trasladarse á Praza Real onde finalizarán sobre as 22'30 horas na Praza Real.
Déixovos cun vídeo da obra titulada "Ou Mago de Oz" de " Os Quinquilláns".

terça-feira, 11 de agosto de 2009

Festas de Agosto en Centroña


O vindeiro 14 de AGOSTO comezan en Centroña as festas de Agosto. A partires das 21'00 horas haberá unha Gran Pulpada, para chegar as 23'00 horas en que dará comezo as actuacións estelares de LOS ZARES (música dos 60 e 70)



SAAVEDRA SHOW e tamén contaran coa actuación de DEBOSSES (tributo a Bruce Springsteen)



Para o día 15 o día da Nosa Señora, comezarán con bombas de palenque a partires das 8 da mañá. As 13'30 horas haberá Santa Misa coa Coral Polifónica de Franza. As 14'30 horas sesión vermut. Xa polo serán, a partires das 22'30 horas, haberá unha gran verbena a cargo das Orquestras AMERICAN TOP e INTUICIÓN ata altas horas da madrugada.

O día 16 comezarán a partires das 8 da mañán coa tirada de bombas de palenque. As 13'30 horas haberá Misa Solemne coa actuación da Coral Polifónica Eumesa. A partires das 14'30 horas haberá sesión vermut. Xa polo serán a partires das 18'00 horas haberá un Gran Concurso de Tortillas e Doces. As 20'30 horas haberá unha Gran Sardiñada. E como remate das festas haberá unha gran verbena cos grupos de rock e soul para todas as idades, AEROSOUL, QUE NO SALGA DE AQUÍ e COLORADO.

¡Que o pasedes ben!.

quinta-feira, 30 de julho de 2009

5ª Edición do Carnaval de Verán de Pontedeume

Xa está nas rúas o cartel que anuncia para os próximos 7 e 8 de agosto, o inicio en Pontedeume do Carnaval de Verán.


Esta 5ª edición chega precedida do éxito obtido nas rúas de Pontedeume en anos anteriores, polo que é predicible que ese fin de semana as rúas da Vila dos Andrade se enchan de colorido e festa.
Déixovos unha pequena mostra para abrir boca, en forma de fotografías da 4ª edición celebrada o ano pasado.

¡Que o pasedes ben!.

terça-feira, 28 de julho de 2009

6º Festival de Verán "Homenaxe a Ramiro Fonte"


O próximo 1 de Agosto a partir das 21'30 horas na Praza da Calzada chega á súa 6ª edición o Festival de Música de Verán, un evento que este ano renderá homenaxe póstumo ao escritor eumés Ramiro Fonte.


Nesta 6ª Edición terán lugar as seguintes actuacións:

CORAIS
  • Coral Polifónica Eumesa
  • Intermezzo
GRUPOS MUSICAIS
  • Chicas de Oro
  • Trasnochadores del Eume
  • Orballo (Cantareiras)
  • Machucambos del Eume
  • Estrelecer
SOLISTAS
  • Tito Ríos
  • María (La Habanera)
  • A. Bujía (solista guitarra)
  • Pilar Barro
  • Marta Liste


A Comisión Organizadora deste 6º Festival está formada por Juan Sarmiento, Antonio Piñeiro e Jesús Bardancas, baixo a organización do Concello de Pontedeume e a colaboración da Deputación de Coruña.

¡Que o pasedes ben!.

terça-feira, 21 de julho de 2009

Festas en Boebre na honra ó Santiago Apóstolo


O vindeiro 24 de xullo comezan as festas en Boebre cunha Gran Pulpada a partires das 21'00 horas para despois pasar a verbena coa Orquestra Marbella



e o Grupo Madeira.
O 25 de xullo a partires das 8 da mañán haberá dianas e alboradas co Grupo de Gaitas Trouleada. A partires da 13'30 horas haberá Misa Solemne na honra ao Santiago Apóstolo. Ao remate da mesma haberá unha sesión vermú co Grupo La Oca. A partires das 23'00 horas verbena a cargo do Grupo La Oca



e o Grupo Enclave. No descanso haberá unha sesión de Fogos Artificiais.
O día 26 de xullo haberá misa a partires das 13'30 horas na honra do Santísimo. Ao remate sesión vermú coa Orquestra Cibeles. A partires das 23'00 horas comezará a verbena coa Orquestra Cibeles. No descanso terá lugar unha exhibición de Bailes de Salón a cargo de Tamara e David.

¡Que o pasedes ben!.

sábado, 18 de julho de 2009

VI Festival de Habaneiras de Pontedeume


Hoxe sábado a partir das 21'00 horas na praza da Calzada de Pontedeume, chegará á súa VI edición o Festival de Habaneiras de Pontedeume.
Nesta edición participarán:

  • Coral de Guitiriz (Lugo)
  • Coral "Candea" de Viana do Bolo (Ourense)
  • Coros Estremeños de Plasencia (Cáceres)
  • Coral Polifónica de Baiona "A Real" Baiona (Pontevedra)
  • Coral Polifónica Eumesa de Pontedeume (Coruña)
¡Que o pasedes ben!.

terça-feira, 14 de julho de 2009

Festas do Carmen 2009 en Pontedeume


O próximo xoves día 16 de xullo comezan en Pontedeume as tradicionais Festas do Carmen, a Festa dos Mariñeiros.
Ás 11'30 horas sairá dende a Lonxa a Procesión, acompañada da "Danza de Arcos", ata o polideportivo de "A Casqueira", onde se celebrará a Misa acompañada da "Coral Polifónica Eumesa". Posteriormente, sairá a Procesión Marítima. Ao seu regreso haberá unha sesión pirotécnica. A partir das 22'00 horas haberá unha Gran Verbena popular na Alameda de Raxoy coa Orquestra XENTE NOVA ata altas horas da madrugada.



O venres 17 a partir das 19'00 horas haberá a tradicional Sardinada no porto de Pontedeume, amenizada por SAAVEDRA SHOW.
A partir das 23'00 horas na Alameda de Raxoy haberá unha Gran Verbena a cargo da Orquestra FOLIADA ata altas horas da madrugada.



O sábado día 18 a partir das 23'00 horas terá lugar na Alameda de Raxoi a Festa da Xuventude, amenizada pola Macro discoteca móvil SPACE MUSIC, con luz, son, go-gós, ata altas horas da madrugada.



Se alguén quere admirar a figura da Virxe do Carmen, pode facelo no local de Confraría de Pescadores de Pontedeume.


Que o pasedes ben!

segunda-feira, 6 de julho de 2009

Festas do San Cristovo en Pontedeume

As festa dos taxistas na honra a San Cristovo, comezarán o día 10 de xullo ás 9 da mañá cunha salva de 21 bombas de palenque. A continuación a charanga "Os Charangos" de Neda farán un pasarúas polas rúas da vila.



Ás 12'00 horas celebrarase misa solemne, procesión e a tradicional bendición de coches.

A partir das 22'30 horas gran verbena a cargo da Orquestra "Os Satélites" de Coruña na alameda de Raxoi.



O día 11 de xullo pasacalles coa charanga "Os Charangos" de Neda, e a partir das 22'30 horas gran verbena coa Orquestra "Solara" de Pontevedra na alameda de Raxoi.



¡Que o pasedes ben!.

sexta-feira, 5 de junho de 2009

Festa presentación do equipo "Tembrás Sport"


Co gallo da presentación do equipo "Tembrás Sport" para o próximo Rally de Narón, o sábado día 6 a partires das 9 da noite haberá unha pequena festa no bar "Lar d'Antón" (fronte á praza do pan de Pontedeume) onde haberá pinchos varios e bocatas de xamón asado a prezos populares e anticrise.
Estarán expostos os vehículos que utilizarán este ano e darán un pequeno toque Racing con videos de coches.
Garántese festa a esgalla faga bo tempo ou non, para iso a festa será no bar.... onde a cervexa estará ben fría!!!.
¡Que o pasedes ben!.

domingo, 31 de maio de 2009

Pontedeume en Vieiros

Un titular bastante conciso pero que reflicte con claridade o artigo de hoxe.
Hai tempo dende este blog intentouse dar a publicidade axeitada ás nosas festas coa intención de que estas chegasen ao coñecemento do máximo número de persoas.
Hoxe como proba de que este traballo é seguido e alcanza o obxectivo que se intentou dende a súa creación, móstrovos dúas fotografías


pertencen á edición de hoxe de Vieiros nas que se pode ver Pontedeume non só sae en prensa por temas políticos, senón que tamén reflicten o XXVI Día da Muiñeira de Pontedeume, unha festa á que dende este blog se recolleu e que tivo a honra de saír publicada na súa portada.
Dende este blog grazas a Vieiros e a Blogaliza por contribuír á difusión das nosas festas.

sexta-feira, 29 de maio de 2009

XXVI Edición do día da Muiñeira en Pontedeume


O vindeiro domingo chega a súa XXVI edición o día da Muiñeira.
Baixo a organización da Asociación Folklórica e Cultural Orballo de Pontedeume e do Concello de Pontedeume, desenvolveránse as seguintes actividades co gallo da celebración do seu 30 aniversario.
  • As 17'00 horas haberá concentración dos Grupos na Alameda de Raxoi
  • As 17'30 horas terá lugar o desfile polas principais rúas da Vila
  • As 18'00 horas darán comezo os actos centrais no Paseo Marítimo
¡Que o pasedes ben!.

quinta-feira, 14 de maio de 2009

Vídeos da TVG na Romaría de Breamo

Cando xa pasaron 6 días da Romaría de Breamo e a resaca xa parece ter pasado, podemos dicir que outro ano máis Breamo foi un éxito.
Dese éxito todos somos partícipes, uns en organización e preparación entre os que poderiamos citar ao Concello (limpeza camiño e lugar da Romaría ou campañas en favor da limpeza) ou outros por non dicir os que máis, todos os que participamos da devandita festa integrándonos nesta, chegando a contabilizar os organizadores máis de 3.000 persoas no reducido espazo da Capela de Breamo.
Dende este e outro blog tal e como é S.O.S. Pontedeume ¡denuncia!, tamén se quixo apoiar e contribuír co noso pequeno esforzo, por ese motivo se mandou información xunto co cartel da festa a un blog pertencente a La Opinión de Coruña como é Festa a Festa, un blog que vos recomiento e vos emprazo a visitar para estar puntualmente informados de calquera festa da nosa comunidade e que sacou este artigo sobre a Romaría de Breamo.
Para finalizar a entrada de hoxe, dicir que hai moitas fotografías da festa así como algún que outro vídeo, pero hoxe quero centrarme en difundir os vídeos que fixo a TVG en Breamo e que foron emitidos ese mesmo día dentro do seu programa A Revista.
En primeiro lugar móstrovos un vídeo que recolle os preparativos dunha das moitas cuadrillas que ocuparon e gozaron da festa dende primeira hora do día.

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

E o segundo vídeo que recolle unha mostra da devoción dunha familia eumesa que todos coñecemos e do porqué das voltas á Capela de Breamo, aínda que a dúbida non queda resolta de se son 3, 7 ou 9 as voltas que hai que dar, iso si o único que non ten discusión é que teñen que ser en silencio.

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

Para ver os vídeos a pantalla completa, facede dobre click sobre estes.

quinta-feira, 7 de maio de 2009

Todo preparado para subir a Breamo

Cando faltan pouco máis de 24 horas, podemos dicir que todo se encontra preparado para subir a Breamo.
Como todos sabemos o venres día 8 de maio celébrase a Romaría de Breamo, unha romaría moi concorrida en honor a San Miguel, polo que toda preparación é pouca con tal de garantir a festa na que se dá a benvida por parte dos eumeses ao verán.


Por parte do concello xa se acondicionaron os camiños e campo da festa


todas ou case todas as cuadrillas xa teñen reservado o seu lugar de localización e avituallamento para aguantar a festa de todo o día



no campo que rodea á capela xa se encontran todos os chiringos que darán colorido e ambiente a esta


polo que dende este blog soamente nos queda desexarvos que pasedes unha boa xornada romeira e recordarvos o lema do concello do ano pasado "En Breamo xoga limpo"


vémonos arriba ao son do coñecido " Solo te pido, solo te pido que me dejes tres días al año, San Miguel, Breamo y el río ....."

quinta-feira, 30 de abril de 2009

1º de Maio en Pontedeume


O Concello de Pontedeume celebra mañá, 1 de maio, o certame dos mayos, que son estruturas compostas por varas, mirtos, flores e laranxas bravas ou ben maquetas de distintos motivos locais (o castelo ou a torre grande) cubertas de follas e flores.

As obras son portadas a ombros por catro nenos, que antigamente os levaban de casa en casa e cantaban se se lles ofrecía algo a cambio. Na actualidade celébrase un concurso, premiándose diferentes aspectos como o tamaño ou a orixinalidade. Os requisitos para participar son ser menor de 16 anos e acompañar o maio dunha canción ou poesía "inédita". O prazo de inscrición finaliza mañá, 1 de maio, quince minutos antes de dar comezo á actividade. A concentración dos mayos celebrarase nos xardíns de Lombardero ás 17.30 horas e posteriormente os mayos participantes percorrerán o pobo ata chegar á alameda de Raxoi.

A organización premiará as catro obras mellores con 175 euros para a que resulte gañadora; 150 para a segunda; 125 levarase a terceira e o cuarto mellor maio conseguirá 100 euros. Tamén se destinarán 600 euros para premios de participación.

sexta-feira, 17 de abril de 2009

Cartáz da Romaría de Breamo do 8 de maio

Amósovos o cartáz da Romaría de Breamo do 8 de maio.


Un cartáz que lémbranos que xa queda menos dun mes pra darlle a benvida ao verán ao ritmo de " Solo te pido, solo te pido que me dejes tres días al año, San Miguel, Breamo y el río ....."

segunda-feira, 5 de janeiro de 2009

XIV Festival Treme a Terra en Pontedeume


O 16 de xaneiro a partires das 21'30 horas na pista polideportiva do Parque Sarmiento, chega a súa XIV edición o Festival de Treme a Terra.
Nesta edición contarán coa participación dos seguintes grupos:



  • Magnifique bande





¡Que o pasedes ben!.

quinta-feira, 1 de janeiro de 2009

Cabalgata dos Reis Magos en Pontedeume


O vindeiro día 5 de xaneiro as SS.MM os Reis Magos de Oriente, farán a súa tradicional cabalgata polas rúas de Pontedeume, a que quedades todos convidados.
¡Que o pasedes ben!.