sábado, 30 de agosto de 2008

Blogue con toda a programación das Festas das Peras 2008


A pouco mais dunha semana para o comezo das Festas das Peras 2008, a Comisión de Festas pon a nosa disposición un blogue para que non perdamos ningunha das moitas actividades que nos teñen preparadas, así como tamén puxeron o noso dispor un código para que poñamos nos nosos blogues un banner que nos dirixa directamente o blogue das Festas das Peras 2008.
Deixovos aquí o banner




un banner que como podedes comprobar xa puxen no lateral e que podedes facer o mesmo copiando o código do caixón. Aproveito a vez para darlle a noraboa a Comisión de Festas 2008 polo traballo que levaron e levan, un traballo que queda patente no blogue que fixeron para a nosa información.
¡Que o pasedes ben!.


O concerto de Cristina Pato e Mutenrohi será no pavillón da Casqueira

Mediante un correo electrónico recibido e polo seu anuncio en prensa, trasládase de lugar o concerto de Cristina Pato e Mutenrohi ao pavillón da Casqueira por mor das inclemencias climatolóxicas.