sábado, 26 de julho de 2008

Hoxe 26 de xullo V Festival de Habaneras Concello de Pontedeume

Hoxe a partires das 21'00 horas na praza da Calzada poderemos asistir o Festival de Habaneras Concello de Pontedeume que chega a súa V edición.
Nesta ocasión asistirán:
  • Asociación Coral Luar de Villalba (Lugo)
  • Coral Municipal de Vilamartín de Valdeorras (Ourense)
  • Orfeao Santa Casa da Misericordia (Gouveia-Portugal)
  • Coral Boca da Ría (O Grove-Pontevedra)
  • Coral Polifónica Eumesa (Pontedeume)
O desenrolo do festival estará dirixido por Beatríz Méndez presentadora de Localia TV, está patrocinado polo Concello de Pontedeume coa colaboración da Deputación da Coruña e organizado pola Coral Polifónica Eumesa de Pontedeummmmme.
Este é un festival que desde aquí recomendovos xa que o éxito está garantido tal e como puidemos ver o ano pasado.
¡Que o pasedes ben!.

sexta-feira, 25 de julho de 2008

Festas en Boebre na honra ao Santiago Apóstolo

Polos motivos que aquí menciono non puiden poñelo antes, pero ainda chegamos a tempo aos derradeiros días das festas de Boebre.
Para hoxe día 25 as festas comenzarán as 8 da mañá con dianas e alboradas co grupo de Gaitas Trouleada. As 13'oo horas comezará unha Misa Solemne na honra ao Santiago Apóstolo para pasar ao seu remate a sesión vermú coa Orquestra Xente Nova. A partires das once da noite haberá festa e verbena coa Orquestra Xente Nova. No descanso haberá Fogos Artificiais.
Para mañá día 26 haberá Misa na honra do Santísimo para pasar despois a unha sesión vermú coa Orquestra Cibeles. Como remate as festas de Boebre 2008, haberá a gran actuación da Orquestra Cibeles ata altas horas da madrugada.
¡Que o pasedes ben!.

sexta-feira, 18 de julho de 2008

Festas da Santa Margarita en Vilar-Campolongo


Este sábado 19 de xullo a partires das 21'00 horas cunha gran churrascada comezarán as festas de Vilar-Campolongo. A churrascada estará amenizada polo grupo Enclave e polos moitos agasallos que repartirán entre os presentes.

O domingo 20 de xullo as bombas de palenque, dianas e alboradas a cargo dun grupo de gaitas iniciarán o comezo dun novo día de festa. A partires das 13'00 horas haberá unha misa solemne na igrexa de San Pedro de Vilar para pasar a continuación a unha sesión de fogos de artificio e sesión vermú arrufada pola Orquestra Milenium na que se celebrará o tradicional Baile da Mazá. Xa pola noite haberá festa a cargo das Orquestras Milenium e Tequila ata altas horas da madrugada.

O luns 21 de xullo as bombas de palenque, dianas e alboradas a cargo dun grupo de gaitas iniciarán o derradeiro día de festa. A partires das 13'00 horas haberá unha misa solemne na Capela de Campolongo na honra de Santa Margarita, para pasar despois a unha sesión de fogos e vermú arrufada pola Orquestra Jockers. Xa pola noite haberá festa a cargo das Orquestras Jockers e Ciclón ata altas horas da mañá.

¡Que o pasedes ben!.


segunda-feira, 14 de julho de 2008

Festas do Carme en Pontedeume


O vindeiro mércores 16 de xullo darán comezo as Festas do Carme 2008 en Pontedeume.
A partires das 9 da mañá unha gran salva de bombas de palenque anunciarán o comezo das festas. As 11'30 horas comezará polas rúas de Pontedeume o pasarrúas a cargo de Charamela e da Charanga Riazor. Cando cheguen as 5 do serán haberá misa no peirao de Pontedeume coa Coral Polifónica "O Pote" de Maniños, danza de arcos para pasar ao seu remate a Procesión Marítima. Xa pola noite a partires das 22'30 horas haberá verbena na alameda de Raxoi ata altas horas da madrugada a cargo da Orquestra Chaston.

O xoves 17 de xullo a partires das 22'30 horas a festa correrá a cargo da Orquestra Tambo.

O venres 18 de xullo a partires das 7 do serán haberá no peirao de Pontedeume unha gran sardiñada a compañados pola música do Grupo Compás. Xa de noite a partires das 22'30 horas e como remate das festas, haberá unha gran verbena a cargo da Orquestra Ceniza ata altas horas da madrugada.
¡Que o pasedes ben!.

quarta-feira, 9 de julho de 2008

Sorteo dun coche e a "Filloeira de Lestedo" nas festas de Ombre

O vindeiro sábado 12 de xullo desde Ombre ofrécennos a oportunidade de pasar un día de festa e marchar cun tremendo agasallo.
A partires das 11 da mañá poderánse degustar as filloas que fará a "Filloeira de Lestedo", unha máquina capaz de facer 2000 filloas por hora. Deixovos un vídeo no que podedes ver a máquina en acción.


Xa pola tarde a partires das 9 do serán poderemos participar na Gran Churrascada.
A medianoite será o momento mais agardado por todos os que mercaron as rifas para o sorteo dun peugeot 207, sorteo que faráse ata que saia unha persoa agraciada a que faránselle entrega das chaves no propio campo da festa.
Acto seguido comezará a verbena ata altas horas da madrugada a cargo da Orquestra Canaria Armonía Show.
¡Que o pasedes ben!.



Sardiñada na praia de Ber


A localidade de Boebre quere homenaxear aos veraneantes cunha Gran Sardiñada na praia de Ber o vindeiro venres 11 de xullo a partires das 9 da noite, e despois a partires das 11 da noite festa rachada co Grupo musical Enclave.
¡Que o pasedes ben!.


sábado, 5 de julho de 2008

4ª edición do Antroido de Verán de Pontedeume

Xa está nas rúas de Pontedeume o cartaz que anuncia a chegada do 4ª Antroido de Verán de Pontedeume.


Baixo a organización de Juancho, a colaboura do Concello de Pontedeume e a Efixie deseño, os días 8 e 9 de agosto as rúas de Pontedeume espallarán festa e ledicia a esgalla dándolle a Vila un colorido especial únicamente comparábel aos días de Breamo e do Río.
Deixovos o enlace do cartaz e unhas fotos do ano pasado.
¡Que o pasedes ben!.

Festas do San Cristobo en Pontedeume

O vindeiro xoves 10 de xullo celebraránse en Pontedeume as Festas na honra de San Cristobo, patroa dos taxistas.
Comezará con diana e alboradas. As 12 haberá misa solemne para pasar a continuación a procesión e bendición dos taxis.
As 20:00 horas haberá unha gran mexilonada na Alameda de Rajoy para pasar as 22:30 horas a celebración dunha verbena a cargo da Orquestra Saudade 73 ata altas horas da madrugada.
O venres 11 de xullo a partires das 20:30 horas haberá un pasarrúas a cargo de El Rey del Tam-vó (Kilomberos de Monte Alto). As 21:00 horas poderemos disfrutar dunha gran Churrascada na Alameda de Rajoy ao ritmo da charanga.
A partires das 22:30 horas comezará a verbena coas Orquestras Diamantes y Caravana.
¡Que o pasedes ben!.