sexta-feira, 29 de fevereiro de 2008

Concerto no Tostaky en homenaxe a súa clientela ante o séu peche inminente

Ante o inminente peche do Tostaky, o seu propietario e amigos organizan un concerto en homenaxe a unha época na que tanto o seu local como a súa clientela deixaron marca na noite eumesa.
No cocierto de hoxe que comezará sobre as 22'30 horas xuntaranse
QUIQUE SALVADORES á Guitarra e Voz; JOSE ESTEBAN á Guitarra e (Sos); FERNANDO VILA coas Frautas e Percusións varias; MONCHO PREGO co Caixón. En devandito concerto tocaranse temas de BRUCE SPRINGSTEEN, BOB DYLAN, CAT STEVEN , BEN HARPER...
Durante o concerto estarán "abertos" a todo tipo de "colaboracións" que poidan xurdir.
Coméntase polo pobo que a primeira colaboración virá da man de CARLOS VÁZQUEZ.
Que o pasedes ben!

Noguerosa en Festas

Hoxe 29 de febreiro a partir das 21'00 horas poderemos asistir á festa que nos teñen preparada en Noguerosa.
Poderemos degustar churrasco a 10 euros a ración e despois poderemos bailar o son das orquestras Panamá, Montes e Marbella, polo que teremos garantida a festa ata altas horas da madrugada.
Dicir tambien que nos descansos haberá sorteos de "cheques regalo" de diñeiro a gastar en comercios eumeses.
¡Que o pasedes ben!.

terça-feira, 12 de fevereiro de 2008

"Eu xa doei, ¿e ti?"

Como dixen na entrada anterior, hoxe durante todo o día estará na Alameda de Rajoy, a unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia para atender a todos os doantes de sangue.En devandita unidade e como profesionais que son, atenderanche enseguida e cun sorriso farán posible que does sangue, polo que estarás doando vida.
Durante o proceso ofreceránche de beber e comer algo, e o finalizar regalaranche un detalle, pero recorda que o mellor agasallo estalo facendo ti ao doar.
Tras todo isto soamente me queda por dicir que "Eu xa doei, ¿e ti?".


segunda-feira, 11 de fevereiro de 2008

Doar sangue é doar vida

O martes 12 de febreiro desde as 10'00 ata as 14'00 horas e desde as 16'00 ata as 21'00 horas a unidade móbil do centro de transfusión de Galicia, estará na Alameda de Rajoy esperando a solidariedade de tódolos eumeses, porque recorda "Doar sangue é doar vida".


sexta-feira, 1 de fevereiro de 2008

Hoxe no Fubolín hai un "Perro cocido"

Chega o entroido a Pontedeume e Don Carnal reencarnado na persoa de Xulio, ofrécenos a oportunidade como tódolos anos de celebrar a súa chegada degustando un "Perro cocido". Digo "Perro cocido" porque dada a cantidade de comida que ten preparada non é para menos, desde os 50 quilos de grelos con denominación de Xestoso, pasando polos máis de 100 quilos de costela,lacón e chourizos, o que fará que a partir das 22'00 horas de hoxe 1 de febreiro o bar Fubolín convértase nunha festa pagá pero moi saborosa baixo a dirección do noso Don Carnal Xulio. Deixovos o cartaz da festa e dúas fotos na que se poden ver parte dos grelos e da carne.
¡Que o pasedes ben!.