terça-feira, 30 de setembro de 2008

¡Ata maio non voltamos a Breamo!

29 de setembro, un día espléndido e gañas de pasalo ben, foron os ingredientes básicos pra que un ano mais a Romaría de Breamo fose un éxito ainda sendo luns.
Comezou o día coas misas e ca tradicional procesión ó redor da Capela de Breamo


portando a imaxe de San Miguel


o son das gaitas.
Despois cada quen disfrutou da festa da mellor forma posíbel a carón dos amigos ata que o corpo resistiu, sin esquecer as 9 voltas a capela, dando por despedido o verán a vez que xa se contan os días que faltan pra que chegue o 8 de maio e voltar a Breamo.
Deixovos coas reportaxes que fixeron en directo os da TVG en Breamo pra deleite de todos aqueles que non os viron. O primeiro é a conexión que fixeron a primeira hora.

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

Neste vai a entrevista que lle fixeron a unha pandilla a hora da comida.

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG


domingo, 28 de setembro de 2008

O 29 de setembro subimos a Breamo


Chega o 29 de setembro, unha data agardada por tódolos eumeses para despedir o verán cunha Romaría no monte de Breamo.
Unha data na que respírase ledicia e o ambiente festivo pálpase no ambiente.
Lembra o lema que lanzan desde o concello "En Breamo xoga limpo", un eslógan que non fai mais que recordarnos que a diversión é posibel sin deixar todo cheo de lixo.


Unha vez dito o anterior so quédame convidarvos a participar da festa e a cantar conmigo " Solo te pido, solo te pido que me dejes tres días al año, San Miguel, Breamo y el río .....".

¡Que o pasedes ben!


segunda-feira, 22 de setembro de 2008

Cartaz da Romaría de San Miguel de Breamo


Este é o cartaz que anuncia a chegada da de unha das datas mais esperadas por tódolos eumeses, o 29 de setembro día no que se celebra a Romaría de Breamo, ainda que tamén é un día triste xa que despedimos o verán.
De tódolos xeitos ¡que o pasedes ben!.


terça-feira, 2 de setembro de 2008

III Festival de Jazz de Pontedeume


Chega a súa III Edición o Festival de Jazz de Pontedeume. Este Festival está baixo a organización da Asociación Cultural Ponte da Música,

polo que diríxovos ó seu blogue para que teñades toda a información do mesmo. Non quería rematar este post sin mencioná-la páxina do III Festival de Jazz de Pontedeume.
¡Que o pasedes ben!.