quarta-feira, 13 de agosto de 2008

Festas na honra a Santa María en Centroña


  • Mañá xoves día 14 de agosto comezarán as festas de Centroña na honra a Santa María. As 21'00 horas cunha salva de bombas de palenque dará comezo as festas e anunciarán que as 21'30 horas haberá unha Gran Polbada. As 23'00 horas dará comezo a verbena coa Orquestra Chaston.
  • O venres 15 de agosto, día de Santa María, as 08'00 horas cunha gran salva de bombas de palenque iniciarase o día e de seguido alborada co Grupo de Gaitas "Airiños do Frade". As 13'30 horas haberá Misa Solemne acompañado coa Coral Polifónica Eumesa. As 14'30 horas haberá sesión vermouth coa Orquestra Xente Nova, orquestra que fará as delicias de todos na verbena a partires das 23'00 horas.
  • Para o sábado día 16 de agosto, día de San Roque, as bombas de palenque das 08'00 horas iniciarán os festexos. As 13'30 horas haberá Misa Solemne acompañada do Coro de Franza. As 14'30 horas comezará a sesión vermouth coa Orquestra Chicas Show. As 17'30 horas haberá un concurso de tortillas e doces con xogos para os mais cativos. As 23'00 horas comezará a verbena coa Orquestra Chicas Show para facer un alto as 00'00 horas na que haberá unha Gran Tirada de Fogos de Artificio, para continuar coa verbena a partires das 00'30 horas.
  • Para o domingo 17 de agosto, día dos Caneiros, haberá a partires das 14'00 horas unha Gran Sardiñada amenizada pola Charanga "O Vindaval" de Fisterra. As 20'00 horas haberá unha gran traca final para dar por finalizadas as Festas de Centroña 2008.
¡Que o pasedes ben!.