segunda-feira, 14 de julho de 2008

Festas do Carme en Pontedeume


O vindeiro mércores 16 de xullo darán comezo as Festas do Carme 2008 en Pontedeume.
A partires das 9 da mañá unha gran salva de bombas de palenque anunciarán o comezo das festas. As 11'30 horas comezará polas rúas de Pontedeume o pasarrúas a cargo de Charamela e da Charanga Riazor. Cando cheguen as 5 do serán haberá misa no peirao de Pontedeume coa Coral Polifónica "O Pote" de Maniños, danza de arcos para pasar ao seu remate a Procesión Marítima. Xa pola noite a partires das 22'30 horas haberá verbena na alameda de Raxoi ata altas horas da madrugada a cargo da Orquestra Chaston.

O xoves 17 de xullo a partires das 22'30 horas a festa correrá a cargo da Orquestra Tambo.

O venres 18 de xullo a partires das 7 do serán haberá no peirao de Pontedeume unha gran sardiñada a compañados pola música do Grupo Compás. Xa de noite a partires das 22'30 horas e como remate das festas, haberá unha gran verbena a cargo da Orquestra Ceniza ata altas horas da madrugada.
¡Que o pasedes ben!.