segunda-feira, 28 de maio de 2007

Como facer que a xente esboce un sorriso.




Hoxe e como avanzaba no artigo anterior, remataban as noites de cine en V.O. dos luns desenrroladas no Tostaky baixo a dirección e traballo de Miguel e Xoan. Non contentos con o éxito acadado durante estes meses, no día de hoxe decidiron que para o visionado desta última película sería condición o acudir disfrazado, por o que conseguiron tanto o obxectivo de disfrutaren da festa como o de que todo o pobo esbozase un sorriso de sorpresa ao seu paso, xa que decidiron previo visionado da película facer unha tournee por o pobo. Amósovos unhas fotografías para que vexades que non minto a vez que dende aquí animo a que iniciativas como esta se repitan.

Remate do ciclo de cine en V.O., no tostaky.

Como colofón a tempada de cine en v.o. no Tostaky, o noso amigo Miguel ten preparada a película "Un cadaver a los postres" poñendo como condición e como festa remate que todo aquel que queira asistir a proxección da mesma ten que asistir disfrazado.
Este ciclo toma un respiro ata mais ou menos o remate de setembro, sin ter unha data fixa, da que vos manterei informados.
Dende este blog dar a noraboa a Miguel e a Xoan por o seu traballo e o interés mostrado en ofrecernos mais alicientes para as noites dos luns.
Graciñas e ata a próxima tempada.