sexta-feira, 17 de agosto de 2007

II Festival de Jazz de Pontedeume.


Chega a sua II edición o Festival de Jazz de Pontedeume.
Este sábado 18 Agosto sobor das 22'00 horas e no marco incomparable que nos ofrece a Praza da Calzada, poderemos disfrutar destes cuatro grupos que vos paso a nomear:
  • Gypsy Jazz Proyect (Barcelona).
  • Cool Beat (Coruña).
  • Enrique Guzmán Quarter (Vitoria).
  • A Magnifique bande des hommes sans peur.
Para hoxe por a noite haberá tamén un concerto de música rock do que vos poderedes informar en Pontedeume Fala.
¡Que o pasedes ben!.

Noite de Teatro en Pontedeume. Os Tirinautas con "Os 3 da Comedia" .

Hoxe sobor das 21'30 horas, poderemos disfrutar da Obra de Teatro "Os 3 da Comedia" levada a cabo por a Compañía "Teatro dos Tirinautas" de A Estrada-Pontevedra.
Esta compañía de teatro nace alá por o ano 1996 como grupo de teatro do Concello da Estrada, dando o salto definitivo hacia a sua profesionalización no ano 2004 con o seu éxito "Ensalada de Mosquito".
Esta obra a protagonizan Isi, Melchor e Javier, que son tres dos finalistas da primeira edición do concurso da TVG, O Rei da Comedia.
É un divertido espectáculo que segue o formato de programas televisivos como "El Club de la Comedia" no que versa sobre as vivencias cotiáns, empregando a comicidade que se desprende do rico anecdotario do día a día impregnado neste caso dun forte ruralismo na súa concepción.
Agradecerlle dende aquí a Manu, que me fixese chegar toda esta documentación para así poder mantervos informados, grazas.
Entrada libre.
¡Que o pasedes ben!.