quinta-feira, 31 de maio de 2007

Festas do Carmen en Pontedeume.


Os vindeiros 14, 15 e 16 de xullo se celebrarán en Pontedeume as tradicionais festas do Carmen.
As festas comenzarán o día 14 sobor das 18'30 horas con unha gran tirada de bombas de palenque mentras se está a preparar a Gran Sardiñada no peirao amenizada tanto a festa como a verbena por o Grupo COMPÁS.
O domingo día 15 sobor das 12'00 horas escomenzarán os festexos con un pasarrúas a cargo da Charanga CHARAMELA. As 22'30 horas na Alameda de Raxoi a Orquestra NOVA IMPERIAL amenizarános a verbena ata altas horas.
O luns día 16 terá lugar a tradicional Procesión e Danza de Arcos e acto seguido Misa solemne con a compaña da Coral. Sobor das 22'30 horas comenzará a verbena na alameda de Raxoi a cargo da Orquestra FOLIADA ata altas horas na que se darán por rematadas as festas. ¡Que o pasedes ben!.

24º Edición do día da Muiñeira en Pontedeume.


O próximo domingo día 3 de xuño sobor das 18'00 horas na Alameda de Raxoi, poderemos disfrutar da 24º edición do día da muiñeira, baixo a organización da Agrupación Folclórica Cultural Orballo de Pontedeume. Amósovos tamén o vínculo da sua páxina para que os coñezades así como o cartel que se fixo para publicitá-lo evento. ¡Que o pasedes ben¡.

Festas en Perbes (fiestas en Perbes).


Sei de sobra que Perbes non pertence ao noso concello, pero por a sua importancia e proximidade vou facer mención a elas. As festas escomenzan mañán día 1 de xuño na honra a Corpus Christi, sobor das 21 horas con unha gran pulpada e amenizada por as orquestras JOKERS e OLYMPUS .
Seguiremos o día 2 con unha sesión vermú con o grupo CHICAGO e de noite verbena a cargo de CHICAGO e maila orquestra FOLIADA .
Para rematar as mesmas o día 3 haberá misa solemne a partires das 13'30 horas e despois sesión vermú a cargo da orquestra DINASTÍA . A partires das 18'00 horas gran festa infantil, continuando con a festa e posterior verbena a cargo das orquestras DINASTÍA e COSTA OESTE . ¡Que o pasedes ben¡.