sábado, 9 de junho de 2007

En duas palabras im - presionante.





Onte tivo lugar no Beer's club o concerto de tódolos venres, pero o de onte non foi un venres mais, foi o venres, xa que poidemos disfrutar do Grupo Goldenight.
No concerto de onte homenaxe a Tina Turner, poidemos disfrutar ainda que a acústica da sala non é moi boa, dun sonido espectacular e das increibles e potentes voces das suas cantantes, chegando por momentos a ter a sensación se pechabas os ollos que estábamos nun concerto da musa do Soul.
Non me queda mais que darlles a noraboa e reconocerlles o seu traballo, pasando a nomear a tódolos compoñentes do grupo e animarvos a que si tedes a ocasión de presenciar algún concerto seu non deixedes pasar a ocasión.
Os integrantes son Noelia a voz; Bea en teclados e voz; Elena voz; Colás a batería; Sito na guitarra midi; Miguel a guitarra; Sergio no baixo; e Tomás a guitarra.
Unha aperta e gracias por este concerto.