quinta-feira, 30 de julho de 2009

5ª Edición do Carnaval de Verán de Pontedeume

Xa está nas rúas o cartel que anuncia para os próximos 7 e 8 de agosto, o inicio en Pontedeume do Carnaval de Verán.


Esta 5ª edición chega precedida do éxito obtido nas rúas de Pontedeume en anos anteriores, polo que é predicible que ese fin de semana as rúas da Vila dos Andrade se enchan de colorido e festa.
Déixovos unha pequena mostra para abrir boca, en forma de fotografías da 4ª edición celebrada o ano pasado.

¡Que o pasedes ben!.

1 comentários:

Eu estiven alí disse...

¿Onde está a fachenda dos eumeses que se crían o centro do mundo fronte os "da aldea", os máis cosmopolitas, non por saír do seu oco senón porque se lles pega o "mundanismo" dos veraneantes que veñen? ¿Ninguén estivo hoxe cos seus fillos na Alameda? ¿Ninguén viu o abandono de plásticos,a merda (con perdón)de séculos, as botellas rotas de botellóns centenarios? O imperio levantado polos avós, como nas familias máis rancias e nobres, malgastado polos netos. Iso é Pontedeume.