quinta-feira, 30 de julho de 2009

5ª Edición do Carnaval de Verán de Pontedeume

Xa está nas rúas o cartel que anuncia para os próximos 7 e 8 de agosto, o inicio en Pontedeume do Carnaval de Verán.


Esta 5ª edición chega precedida do éxito obtido nas rúas de Pontedeume en anos anteriores, polo que é predicible que ese fin de semana as rúas da Vila dos Andrade se enchan de colorido e festa.
Déixovos unha pequena mostra para abrir boca, en forma de fotografías da 4ª edición celebrada o ano pasado.

¡Que o pasedes ben!.

terça-feira, 28 de julho de 2009

6º Festival de Verán "Homenaxe a Ramiro Fonte"


O próximo 1 de Agosto a partir das 21'30 horas na Praza da Calzada chega á súa 6ª edición o Festival de Música de Verán, un evento que este ano renderá homenaxe póstumo ao escritor eumés Ramiro Fonte.


Nesta 6ª Edición terán lugar as seguintes actuacións:

CORAIS
  • Coral Polifónica Eumesa
  • Intermezzo
GRUPOS MUSICAIS
  • Chicas de Oro
  • Trasnochadores del Eume
  • Orballo (Cantareiras)
  • Machucambos del Eume
  • Estrelecer
SOLISTAS
  • Tito Ríos
  • María (La Habanera)
  • A. Bujía (solista guitarra)
  • Pilar Barro
  • Marta Liste


A Comisión Organizadora deste 6º Festival está formada por Juan Sarmiento, Antonio Piñeiro e Jesús Bardancas, baixo a organización do Concello de Pontedeume e a colaboración da Deputación de Coruña.

¡Que o pasedes ben!.

terça-feira, 21 de julho de 2009

Festas en Boebre na honra ó Santiago Apóstolo


O vindeiro 24 de xullo comezan as festas en Boebre cunha Gran Pulpada a partires das 21'00 horas para despois pasar a verbena coa Orquestra Marbella



e o Grupo Madeira.
O 25 de xullo a partires das 8 da mañán haberá dianas e alboradas co Grupo de Gaitas Trouleada. A partires da 13'30 horas haberá Misa Solemne na honra ao Santiago Apóstolo. Ao remate da mesma haberá unha sesión vermú co Grupo La Oca. A partires das 23'00 horas verbena a cargo do Grupo La Oca



e o Grupo Enclave. No descanso haberá unha sesión de Fogos Artificiais.
O día 26 de xullo haberá misa a partires das 13'30 horas na honra do Santísimo. Ao remate sesión vermú coa Orquestra Cibeles. A partires das 23'00 horas comezará a verbena coa Orquestra Cibeles. No descanso terá lugar unha exhibición de Bailes de Salón a cargo de Tamara e David.

¡Que o pasedes ben!.

sábado, 18 de julho de 2009

VI Festival de Habaneiras de Pontedeume


Hoxe sábado a partir das 21'00 horas na praza da Calzada de Pontedeume, chegará á súa VI edición o Festival de Habaneiras de Pontedeume.
Nesta edición participarán:

  • Coral de Guitiriz (Lugo)
  • Coral "Candea" de Viana do Bolo (Ourense)
  • Coros Estremeños de Plasencia (Cáceres)
  • Coral Polifónica de Baiona "A Real" Baiona (Pontevedra)
  • Coral Polifónica Eumesa de Pontedeume (Coruña)
¡Que o pasedes ben!.

terça-feira, 14 de julho de 2009

Festas do Carmen 2009 en Pontedeume


O próximo xoves día 16 de xullo comezan en Pontedeume as tradicionais Festas do Carmen, a Festa dos Mariñeiros.
Ás 11'30 horas sairá dende a Lonxa a Procesión, acompañada da "Danza de Arcos", ata o polideportivo de "A Casqueira", onde se celebrará a Misa acompañada da "Coral Polifónica Eumesa". Posteriormente, sairá a Procesión Marítima. Ao seu regreso haberá unha sesión pirotécnica. A partir das 22'00 horas haberá unha Gran Verbena popular na Alameda de Raxoy coa Orquestra XENTE NOVA ata altas horas da madrugada.



O venres 17 a partir das 19'00 horas haberá a tradicional Sardinada no porto de Pontedeume, amenizada por SAAVEDRA SHOW.
A partir das 23'00 horas na Alameda de Raxoy haberá unha Gran Verbena a cargo da Orquestra FOLIADA ata altas horas da madrugada.



O sábado día 18 a partir das 23'00 horas terá lugar na Alameda de Raxoi a Festa da Xuventude, amenizada pola Macro discoteca móvil SPACE MUSIC, con luz, son, go-gós, ata altas horas da madrugada.



Se alguén quere admirar a figura da Virxe do Carmen, pode facelo no local de Confraría de Pescadores de Pontedeume.


Que o pasedes ben!

segunda-feira, 6 de julho de 2009

Festas do San Cristovo en Pontedeume

As festa dos taxistas na honra a San Cristovo, comezarán o día 10 de xullo ás 9 da mañá cunha salva de 21 bombas de palenque. A continuación a charanga "Os Charangos" de Neda farán un pasarúas polas rúas da vila.



Ás 12'00 horas celebrarase misa solemne, procesión e a tradicional bendición de coches.

A partir das 22'30 horas gran verbena a cargo da Orquestra "Os Satélites" de Coruña na alameda de Raxoi.



O día 11 de xullo pasacalles coa charanga "Os Charangos" de Neda, e a partir das 22'30 horas gran verbena coa Orquestra "Solara" de Pontevedra na alameda de Raxoi.



¡Que o pasedes ben!.