terça-feira, 30 de outubro de 2007

Magosto o vindeiro día 5.

O vindeiro venres día 5 de novembro, no Bar Fubolín, poderemos a partires das 21'30 horas disfrutar dun magosto, no que haberá música, viño, castañas, parrochas o fume e festa a rachar.

terça-feira, 9 de outubro de 2007

¡Nos invade!.

Si non é unha utopía, pois nos tempos en que estamos en Pontedeume sufrimos a invasión da néboa, invasión que trae unhas molestias que todos poidemos sentir e de xeito ainda a esta hora a podemos ver, pero que nos deixou imaxes das que espero disfrutedes como o fixen eu.



terça-feira, 2 de outubro de 2007

Concerto no Trasteiro o venres 5 de "ESKAKEO".

Este venres sobor das 22'30 horas poderemos disfrutar do concerto que nos ten argallado o Trasteiro.
Un concerto que dende aquí vos recomendo e vos animo a ir se gustades do rock and roll en estado puro, posto que este grupo encherá de rock tódolos recunchos do local e fará que participedes e disfrutedes como nunca dun concerto.
Para que teñades un adianto, anímovos a que visitedes a súa páxina.
¡Que o pasedes ben!.