sexta-feira, 22 de junho de 2007

Noite de San Xoan + sardiñada = Fubolín.



Si, as matemáticas non nos enganan, e vounas aplicar a noite máxica de San Xoan.
Como tódo-los anos cando se achega a noite de San Xoán todo o mundo pensa nas sardiñas e pensar nas mesmas en Pontedeume é pensar no Fubolín.
O Fubolín é un bar que da a duas rúas, a de Lombardero e a de Betanzos, pois nesta última sobor das dez da noite xa poderemos ver tódolos preparativos que porá o noso dispor Xulio e mais Rosa.
Con a rúa ocupada por toda a xente que alí se dará cita o son da música de "Saavedra"dende Fene, nos encherán de ledicia e sardiñas.
Xa vos amosarei fotos do evento.
¡Que o pasedes ben!.