quinta-feira, 31 de maio de 2007

Festas do Carmen en Pontedeume.


Os vindeiros 14, 15 e 16 de xullo se celebrarán en Pontedeume as tradicionais festas do Carmen.
As festas comenzarán o día 14 sobor das 18'30 horas con unha gran tirada de bombas de palenque mentras se está a preparar a Gran Sardiñada no peirao amenizada tanto a festa como a verbena por o Grupo COMPÁS.
O domingo día 15 sobor das 12'00 horas escomenzarán os festexos con un pasarrúas a cargo da Charanga CHARAMELA. As 22'30 horas na Alameda de Raxoi a Orquestra NOVA IMPERIAL amenizarános a verbena ata altas horas.
O luns día 16 terá lugar a tradicional Procesión e Danza de Arcos e acto seguido Misa solemne con a compaña da Coral. Sobor das 22'30 horas comenzará a verbena na alameda de Raxoi a cargo da Orquestra FOLIADA ata altas horas na que se darán por rematadas as festas. ¡Que o pasedes ben!.

24º Edición do día da Muiñeira en Pontedeume.


O próximo domingo día 3 de xuño sobor das 18'00 horas na Alameda de Raxoi, poderemos disfrutar da 24º edición do día da muiñeira, baixo a organización da Agrupación Folclórica Cultural Orballo de Pontedeume. Amósovos tamén o vínculo da sua páxina para que os coñezades así como o cartel que se fixo para publicitá-lo evento. ¡Que o pasedes ben¡.

Festas en Perbes (fiestas en Perbes).


Sei de sobra que Perbes non pertence ao noso concello, pero por a sua importancia e proximidade vou facer mención a elas. As festas escomenzan mañán día 1 de xuño na honra a Corpus Christi, sobor das 21 horas con unha gran pulpada e amenizada por as orquestras JOKERS e OLYMPUS .
Seguiremos o día 2 con unha sesión vermú con o grupo CHICAGO e de noite verbena a cargo de CHICAGO e maila orquestra FOLIADA .
Para rematar as mesmas o día 3 haberá misa solemne a partires das 13'30 horas e despois sesión vermú a cargo da orquestra DINASTÍA . A partires das 18'00 horas gran festa infantil, continuando con a festa e posterior verbena a cargo das orquestras DINASTÍA e COSTA OESTE . ¡Que o pasedes ben¡.

quarta-feira, 30 de maio de 2007

Música ao vivo.

Teño o gusto de amosarvos unha dirección que me fixo chegar unha amiga, onde poderedes atopar música ao vivo, podendo iniciar a busca por grupos, datas, localidades, salas, onde por desgracia e polo de momento non atopei actuación algunha na nosa localidade.
Deberemos seguir conformándonos con as actuacións desenroladas como tódolos anos, na rúa Real con o patrocinio de diferentes empresarios do sector hostaleiro, das que prometo mantervos informados debidamente.

segunda-feira, 28 de maio de 2007

Como facer que a xente esboce un sorriso.




Hoxe e como avanzaba no artigo anterior, remataban as noites de cine en V.O. dos luns desenrroladas no Tostaky baixo a dirección e traballo de Miguel e Xoan. Non contentos con o éxito acadado durante estes meses, no día de hoxe decidiron que para o visionado desta última película sería condición o acudir disfrazado, por o que conseguiron tanto o obxectivo de disfrutaren da festa como o de que todo o pobo esbozase un sorriso de sorpresa ao seu paso, xa que decidiron previo visionado da película facer unha tournee por o pobo. Amósovos unhas fotografías para que vexades que non minto a vez que dende aquí animo a que iniciativas como esta se repitan.

Remate do ciclo de cine en V.O., no tostaky.

Como colofón a tempada de cine en v.o. no Tostaky, o noso amigo Miguel ten preparada a película "Un cadaver a los postres" poñendo como condición e como festa remate que todo aquel que queira asistir a proxección da mesma ten que asistir disfrazado.
Este ciclo toma un respiro ata mais ou menos o remate de setembro, sin ter unha data fixa, da que vos manterei informados.
Dende este blog dar a noraboa a Miguel e a Xoan por o seu traballo e o interés mostrado en ofrecernos mais alicientes para as noites dos luns.
Graciñas e ata a próxima tempada.

sexta-feira, 25 de maio de 2007

Venres de movida no pobo.

Hoxe poderemos disfrutar de un venres de festa no pobo, que vos paso a enumerar dende a pouca información que me chega, por o que si falta algún dato espero que @s perxudicad@s me perdoen.

Sobor das 19'00 horas Terra Galega terá unha festa na rúa Real con pasteis e pinchos contando con a animación de un cantante, finalizando a festa con un mitin de peche de campaña.

Sobor das 20'00 horas o BNG terá na praza do Convento a sua festa con reparto de bebida e mexilóns de balde finalizando con o seu mitin de peche de campaña.

A mesma hora e na praza da calzada o PP fará a sua festa repartindo mexilóns, tortilla e bebida, darán o seu mitin de peche de campaña e acto seguido se poderá disfrutar na festa amenizada por un novo grupo de música eumés.

Sobor das 21'30 horas o PSOE na praza da Alameda fará a sua festa, na que se poderá degustar tortilla, empanada, pinchos variados e bebida de balde, darán o seu mitin de peche de campaña e a continuación se poderá disfrutar na festa amenizada por a orquestra Xente Nova.

Con menos información sobor dos Independentes de Pontedeume, vos podo decir que na rúa de Raxoi terán a sua festa e o seu mitin de fin de campaña aderezado con unha churrascada para tódolos asistentes.

Sobor do COE non se teñen novas de que fagan algo, pero me comprometo a mantervos informados.

Esperando que o tempo acompañe e permita a tódolos eumeses e demais xente que nos queira visitar disfrutar de tódalas actividades antes enumeradas, somentes me queda desexarvos que o pasedes ben.

segunda-feira, 21 de maio de 2007

Luns de cine no Tostaky

Como tódolos lúns podemos disfrutar de cine en V.O. no Tostaky, propoñéndonos para hoxe "Con la muerte en los talones", do cal vos deixo constancia por o medio do cartel anunciador.

Concerto no Tostaky


O pasado venres tivemos a honra de escoitar un concerto de Swing, protagonizado por Jose "Gigolo" e Gastón na guitarra e Quique no contrabaixo. Deixo constancia do mesmo amosándovos o cartel do evento e unhas instantáneas. Dende aquí unha aperta a Miguel do Tostaky que segue a propoñernos novos alicientes para as noites eumesas. Noraboa.

sexta-feira, 18 de maio de 2007

Concerto na rúa Real.


Cartel anunciador do concerto que terá lugar o día 16 de maio na rúa Real sobor das 21'00 horas o aire libre. Que o pasedes ben.

Emprázovos a divulgálas festas.

A creación deste blog non ten outro fin mais que difundir que Pontedeume e a sua bisbarra está de festa, e vai chegar a tódolos rincons, por o que dende o mesmo se procurará dar conta de todas, eso si contando con a axuda de tódos vos.
Festas hai en tódolos sitios, pero aquí tamén as temos e aparte as publicitamos.
Aparte de tódalas festas de Pontedeume e bisbarra, me comprometo a facervos saber as que se desenrolen no pobo como foi o último concerto organizado ao aire libre na Rúa Real a cargo de Roger de Flor.
Por outro lado me complace invitarvos a Gran churrascada que se celebrará hoxe día 18 de maio as 21'00 horas en Centroña, amenizada pola orquestra Marsella. Que o pasedes ben.