terça-feira, 14 de agosto de 2007

Festas en Centroña.


As festas de Centroña escomenzarán o vindeiro día 15 as 08'00 horas con unha salva de bombas de palenque e de seguido con unha alborada a cargo do Grupo de Gaitas "Airiños do Frade", ata que as 13'00 horas escomence unha misa solemne acompañada da Coral Polifónica Eumesa. Mais tarde xa sobre as 22'30 horas escomenzará a festa a cargo da Orquestra Bámbola ata altas horas da madrugada.
Para o día 16 as 08'00 horas nos levantarán con unha salva de bombas de palenque, as 13'00 horas haberá misa solemne acompañada da Coral do Pote e o seu remate sesión vermut. Por a tarde as 17'00 horas haberá unha gran festa infantil e as 19'00 horas un concurso de Tortillas e Doces, para chegar as 22'30 horas en que escomenzará a verbena ata altas horas da madrugada con a Orquestra Xente Nova.
Para o día 17 nos teñen preparada unha sesión vermut as 14'00 horas. As 20'00 horas nos reservan a actuación da Agrupación Cultural "A Marola" con gaitas, cantareiras e baile rexional. As 21'00 horas haberá unha Gran Pulpada para dar paso as 22'30 horas a verbena con a Orquestra Chaston que nos acompañará ata altas horas da madrugada, interrumpindo a sua actuación sobre a medianoite, para dar paso a unha tirada de Fogos de Artificio.
¡Que o pasedes ben!

Hoxe escomenza o Ciclo que o Bar Fubolín lle adica ao Jazz.


Hoxe día 14 de agosto escomenza o ciclo que o Bar Fubolín de Pontedeume lle adicará ao Jazz.
Sobor das 22'30 horas e na rúa Betanzos terá lugar o primeiro dos concertos proxectados por julio.
Nesta ocasión poderemos disfrutar de Najla & Héctor, os que dende aquí vos recomendo e vos emprazo a disfrutar.
¡Que o pasedes ben!.