quinta-feira, 9 de agosto de 2007

En Pontedeume estamos de Antroido.

Noutras Vilas farán festas a esgalla, e na busca de pasalo ben aquí somos caseque os mellores ou polo menos atopámonos no top ten mundial.
Os días 10 e 11 de agosto, na Vila terá lugar o 3º Antroido de Verán, que como a propia palabra o di, festa e diversión por tódolos rincóns da Vila.
Baixo a organización de Juancho e con a colaboración do concello e de moitos establecementos hostaleiros, se irán repartindo puntos a os que acudan disfrazados a os anteriores, acadando premios os que acumulen mais puntos.
Nesta ocasión se repartirán un total de 1.300 euros tendo o primeiro premio unha cuantía de 300 euros.
O que queira festa xa non ten excusas, por o que dende aquí somentes me queda desexarvos ¡Que o pasades ben!.