domingo, 3 de junho de 2007

Festas en Cabañas


Mais do mesmo, pois xa sei que Cabañas non pertence ao noso concello, pero dada a sua proximidade a nosa vila, somentes temos que cruzar a ponte, amósovos o cartel das festas de Cabañas para o disfrute e lecer de todos nós.
As festas do Corpus escomenzarán o vindeiro sábado día 9 de xuño con un pasarúas a cargo do grupo de gaitas ALDABRA, e sobor das 23'00 horas poderemos disfrutar da ORQUESTRA VENECIA, ata altas horas da mañán.
Para o domingo nos teñen previsto despertar con unha salva de bombas de palenque sobor das 9 da mañá, para que teñamos tempo de acudir as 12'00 a Misa Cantada por INTERMEZZO, podendo disfrutar despois tanto na sesión vermouth, como na festa e verbena da ORQUESTRA MONTES, téndonos reservado como sorpresa final e remate das festas, unha gran tirada de Fogos de Artificio sobor da media noite. ¡Que o pasedes ben!.