terça-feira, 28 de outubro de 2008

Polo samaín, magosto no Fubolín


Dicía Antón Reixa aquelo de que "o magosto para agosto", pero no Fubolín deixan os tópicos pra outros momentos e celebran coma tódolos anos por estas datas o magosto, coincidindo neste ano coa noite do Samaín. Haberá castañas asadas acompañadas de queixo e parrochos ó fume. Pros mais pequenos terán os tradicionais colares de zonchos, castañas cocidas coa pel atravesadas cun cordel a modo de colar, polo que a festa está garantida.
¡Que o pasedes ben!.

quarta-feira, 15 de outubro de 2008

Vídeos da "Cucaña Marítima" e da "Queima do Galán" das Peras 2008

Cando xa pasou mais dun mes desde o remate das Festas das Peras 2008, neste blogue mostrámosvos un par de vídeos cos momentos que mais xente congrega nas festas, a "Cucaña Marítima" cun vídeo de 5 minutos nos que se ve de todo



e outro no que hai un resumo da "Cucaña Marítima" e a "Queima do Galán"



esperamos que sexan do voso agrado e vos lembren as festas deste ano mentres chegan as Peras 2009.
¡Que o pasedes ben!.


quarta-feira, 8 de outubro de 2008

3ª Festa dos Callos en Centroña


O venres 10 de outono a partires das 20'30 horas, haberá callos, pan, viño, bola e café en Centroña cun custe de 6 euros por persoa. Esta festa contará coa participación do Grupo Maracaibo que porá o ritmo ata que o corpo aguante.
¡Que o pasedes ben!.