domingo, 22 de julho de 2007

IV Festival de Habaneras Concello de Pontedeume.


Para o vindeiro día 28 de xullo na vila poderemos disfrutar do IV Festival de Habaneras.

Este festival que xa chega a sua cuarta edición e baixo a organización da Coral Polifónica Eumesa, patrocinio do Concello de Pontedeume e colaboración da Deputación da Coruña, nun marco incomparable como é a Praza da Calzada de Pontedeume, sobor das 21'00 horas do día 28, poderemos disfrutar e deleitarnos con a actuación das seguintes Corales e de un Orfeón que vos paso a enumerar:
  • Coral "Renfe" de Monforte-Lugo.
  • Coral Polifónica "Val do Avia" de Leiro-Ourense.
  • Coral Polifónica "Trasdeza" de Silleda-Pontevedra.
  • Orfeón "Mieres de Mieres-Asturias.
  • Coral Polifónica "Eumesa" de Pontedeume-Coruña.
Somentes me queda desexarvos ¡Que o pasedes ben!.

Festas en Boebre.

Na honra o Santiago Apóstol e na localidade de Boebre poderemos disfrutar dunhas grandes festas que escomenzarán o vindeiro día 24 de xullo con unha gran Polbada e con a Orquestra Imperial que nos fará bailar ata altas horas da madrugada.
Para o día 25 día principal da festa, poderemos disfrutar dende as oito da mañán dun pasarrúas a cargo do grupo de gaitas Trouleada e de Misa Solemne na honra a Santiago Apóstol as 13'30 horas, pasando despois a unha sesión vermú animada por o Grupo musical Libertad. Despois sobor das 23'00 horas e como plato forte das festas poderemos disfrutar da Orquestra Paris de Noia podendo deleitarnos no descanso da mesma, dunha tirada de fogos artificiais.
Para o día 26 teremos outra Misa Solemne na honra do Santísimo, podendo participar o remate da mesma de unha sesión vermú a cargo da Orquestra Xente Nova. Sobor das 23'00 horas escomenzará a festa que durará ata altas horas da madrugada.
¡Que o pasedes ben!.