sábado, 17 de maio de 2008

"Combater a ignorancia con poesía" fala-la fala nai

Fala-la fala nai pode parecer un trabalinguas pero trátase da realidade, xa que falar galego é un dereito que temos e porque a nosa lingua é potencia.
"Combater a ignorancia con poesía" pretende ser no día das letras galegas unha homenaxe á nosa fala e á nosa escrita, e que millor forma de facelo que con un poema de Celso Emilio Ferreiro (Longa Noite de Pedra):

DEITADO FRENTE Ó MAR...

Lingua proletaria do meu pobo
eu faloa porque si, porque me gusta
porque me peta e quero e dame a gana
porque me sae de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ó ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sen raíces
que ó pór a garabata xa non saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
fala-la fala nai,
a fala dos abós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos da linguaxe,
remo e arado, proa e rella sempre.

Eu faloa porque si, porque me gusta
e quero estar cos meus, coa xente que sufren longo
unha historia contada noutra lingua.

Non falo prós soberbios,
non falo prós ruíns e poderosos,
non falo prós finchados,
non falo prós estupidos,
non falo prós valeiros,
que falo prós que aguantan rexamente
mentiras e inxusticias de cotío;
prós que súan e choran
un pranto cotián de volvoretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas de
tódolos que sufren neste mundo.

E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, doce mágoa das Españas,
deitada rente ó mar, ise camiño...



sexta-feira, 16 de maio de 2008

Vídeos de Chenoa en Ombre

Vídeo de "Todo irá bien"



Vídeo de "Rutinas"



Outro vídeo de "Rutinas" con mellor calidade de son e vídeo



Fotos de Chenoa no concerto de Ombre (2ª parte)

Hoxe poñemos unha segunda entrega de fotos de Chenoa no concerto de Ombre, unhas fotos que pertencen a "Foto Ríos" de aí o da marca de auga, e que amablemente cedeunos para goce de tódolos Chenoistas e en recoñecemento tamén a todo o que tiveron que padecer e sufrir os que asistiron ao concerto, aínda que tras ver a súa actuación todos dixeron que pagou a pena.


Adiantarvos tamén que nos pasará unhas fotos que sacou en diversos momentos do concerto dos afortunados Chenoistas que asistiron, pois moitos deles cando as sacaba dixéronlle que tiña que publicalas.
No caso de que algunha persoa estivese interesada nalgunha destas fotografías sen a marca de auga, que non dubide en poñerse en contacto con "Foto Ríos" de Pontedeume, os cales informaranlles como conseguir as mesmas.
Desde esta bitácora quero agradecer públicamente tanto os comentarios que se puxeron nos diferentes artigos, así como os moitos correos electrónicos recibidos nos que se mostra o agradecimiento pola publicación de tódalas fotografías e o seguimiento que se fixo do concerto de Chenoa.


quinta-feira, 15 de maio de 2008

Fotos de Chenoa no concerto de Ombre (1ª parte)

Grazas a "Foto Ríos" móstrovos unhas fotografías do concerto de Chenoa en Ombre, fotografías que porei en varias entregas así como un vídeo do concerto que me prometeron.
As fotografías de hoxe mostran tanto a calidade da artista no escenario como a calidade das mesmas grazas o seu autor y que podrán ser un bo recordo para tódolos "Chenoistas".


Espero que esta primeira entrega sexa do voso agrado e entendades que leven marca de auga para protexer a obra do autor, aunque se houbese algunha persoa interesada nalgunha fotografía, pode poñerse en contacto con "Foto Ríos" na rúa Ferreiros nº25 de Pontedeume, no número de teléfono 981 433 043 ou mediante correo electrónico na seguinte dirección: fotorios@gmail.com.


segunda-feira, 12 de maio de 2008

Chenoa brilou na noite de Ombre


Durante toda a tarde do sábado a choiva fixo presenza na comarca do Eume polo que a suspensión do concerto planeaba polo ambiente.

Esta mesma choiva non impediu que tódolos preparativos que se previron para o normal desenvolvemento do mesmo como poden ser o control do tráfico xa que era o máis temido, fóra sobresaliente, pero non así o acondicionamiento do recinto para recibir a tanta xente como arrastra tras de se Chenoa, xa que aínda que o barro fixo presenza ao chover, non se entende como non se acondicionou a pista sabendo das prediccións metereolóxicas con zaorra ou outro material, aos seus fans incondicionales non lles importou o encherse de barro ata as orellas.


Outro dos puntos débiles foi a falta de previsión e acondicionamiento de servizos para os asistentes ao concerto tales como wc ou lugares onde tomar algo nas horas previas ao concerto, e o último e máis importante e como consecuencia da habilitación dos "leira-parkings" sabendo que chovía como non previra algo para axudar a saír aos coches dos mesmos ao finalizar por culpa do barro, situación que se salvou grazas a protección civil.
Pero por encima de todo isto están tódolos "Chenoistas" que souberon sobrepoñerse a todos estes inconvenientes arroupando a Chenoa en todo momento, respondendo esta con todo o que ten dentro logrando que todos marchasen cun bo sabor de boca e pese ao barro ninguén dixese que non mereceu a pena asistir ao concerto
Desde aquí noraboa á organización pese aos fallos que tiveron, a Chenoa e a todos os "Chenoistas".


sábado, 10 de maio de 2008

Chenoa aterra hoxe en Ombre


Hoxe aterra en Ombre Laura Corradini, mais coñecida como "Chenoa", na que de seguro será unha xornada na que Chenoístas de toda Galiza acudirán a coreálas súas cancións.
Trala suspensión do concerto que tiña previsto en León por motivos técnicos, o de Ombre é o primeiro concerto da xira galega, polo que o chegar mais descansada promete un concerto espectacular.
Desde esta bitácora pídolles a tódolos asistentes paciencia para chegar o lugar do concerto, pois ainda que desde a comisión de festas teñan previsto unhas actuacións especiais en torno ao concerto, atóxaseme que debido a gran afluencia de xente prevista as mellores armas para ir ao concerto serán a paciencia e a tranquilidade.
Para saber mais datos do despregue previsto pola comisión de festas podedes ver os artigo que a Voz e a Opinión adícalle as Festas de Ombre.
¡Que o pasedes ben!.


sexta-feira, 9 de maio de 2008

Breamo en branco e negro (fotos)

Xa pasou o Breamo de maio polo que xa queda menos pro río. Este foi un Breamo especial dado que foi o primeiro que cheguei a tempo de asistir a misa e procesión, polo que quixen recordalo como os Breamos de antes facendo unhas fotografías en branco e negro que quero compartir con todos poñendo así o meu gran de area para facer que esta festa chegue a ser coñecida en tódolos rincóns do mundo.
Espero vos gusten e as disfrutedes tanto como o fixen eu onte.



quinta-feira, 8 de maio de 2008

¡A Breamo vou lixeiriño caaaamiñando....!

Chegou o DÍA e o poño con maiusculas xa que é moi importante para Pontedeume, pois hoxe imos de Romaría a BREAMO.

Ainda que as prediccións feitas por meteogalicia fai uns días non acertasen, xa se nota na rúa que hoxe non é un xoves normal. Nótase un espíritu de festa e gañas de pasalo ben, polo que somentes queda esperar que chegue a hora e comezar a subida, unha subida na que ainda que se limparon os accesos debido a choiva haberá que ter un pouco de coidado, pero o mais importante é pasalo ben e lembrar que "En Breamo xoga limpo" eslogan empregado polo Concello de Pontedeume para concienciar a xente de que é posibel disfrutar da festa sen deixar tanto o camiño como o campo da festa cheo de lixo.

¡Que o pasedes ben!.

quarta-feira, 7 de maio de 2008

Ombre xa espera a Chenoa (fotografía única de Chenoa)

Que Ombre xa espera a Chenoa é ben certo, xa que os preparativos son do mais relevante e importantes, pero o que xa podemos avanzar é un novo triunfo da cantante.
Tal é a espectación creada que un asíduo do blog mandoume unha fotografía única de Chenoa, digo o de única porque a sacou él hai moitos anos cando Chenoa era a solista da Orquestra do Casino de Mallorca.

Na mesma poderemos apreciar o moito que cambiou o esceario que tiña daquela ao que despregará o sábado 10 de maio en Ombre.
Volvo a poñer o cartaz da festa por peticións varias
e asimesmo deixovos co vídeo da canción "El bolsillo del revés" pertencente ao seu derradeiro album "Absurda cenicienta".

¡Que o pasedes ben!.