Por fín escomenzan as "Noites de Lúas Cheas na Real".
Como cada ano a unión de 5 empresarios hosteleiros situados na Rúa Real de Pontedeume, argallan unha serie de actividades para darlle mais vida si cabe a rúa, potenciando o mesmo tempo o turismo na vila.
Para este venres e como comenzo do ciclo, nos teñen preparado un concerto de Reggae a cargo do grupo "Majahni", o cual promete facernos pasar un bo rato e esperemos que o seu ritmo contaxie o verán e decida aparecer e quedarse con nós.
¡Que o pasedes ben!.
3 comentários:
así tiña que ser sempre, pero non que se xuntaran 5 empresarios, que se xunten todos e fagan concertos e festas para traer xente ó pobo
Cales son os locais?
Sería xusto facerlles a publicidade. Tostaky, Touporoutou, A Cubana son tres deles, pero dos outros non quero nomear a quen non é ou equivocarme de nome. Solicito do administrador que de esa información. É unha publicidade para os locais ben merecida.
Noraboa polo blog
Cando unha persoa tén razón hai que reconocerllo,refírome a Eduardo, por o que paso a nomear os seus nomes e locais en aras de loubar o traballo e esforzo deses 5 empresarios:
- Tostaky .- Miguel
- Touporroutou.- Marie
- Taberna Cubana.- Manolo
- Eclipse.- Iván
- Diaño.- "Asturiano", non me lembro do seu nome.
De tóda-las formas os que argallan esta iniciativa veñen publicitados no cartel para evitar que outros se apropien das suas iniciativas.
Enviar um comentário