terça-feira, 30 de dezembro de 2008
quinta-feira, 27 de novembro de 2008
Fotos do Carnaval de Verán 2008
Comezamos coas fotografías dun grupo de amigos que sempre participan da festa, nesta ocasión decidiron ir a marea
tivemos un mimo ¿ou era unha estátua?
persoaxes de conto
sempre ben recibidos as portas dos bares

a raiña da festa

visitounos a aristocracia
desde Oriente
e tivemos ata gladiadores
Espero que as mesmas sexan do voso agrado. Si algunha das persoas que saen nas fotografías quere algunha, que mo pida por correo electrónico, chega con premer o botón que tedes arriba no blogue.
Publicada por Eumes 0 comentários
domingo, 16 de novembro de 2008
Magosto na Praza da Calzada
Publicada por Eumes 0 comentários
terça-feira, 28 de outubro de 2008
Polo samaín, magosto no Fubolín
¡Que o pasedes ben!.
Publicada por Eumes 0 comentários
quarta-feira, 15 de outubro de 2008
Vídeos da "Cucaña Marítima" e da "Queima do Galán" das Peras 2008
¡Que o pasedes ben!.
Publicada por Eumes 0 comentários
quarta-feira, 8 de outubro de 2008
3ª Festa dos Callos en Centroña

O venres 10 de outono a partires das 20'30 horas, haberá callos, pan, viño, bola e café en Centroña cun custe de 6 euros por persoa. Esta festa contará coa participación do Grupo Maracaibo que porá o ritmo ata que o corpo aguante.
¡Que o pasedes ben!.
Publicada por Eumes 0 comentários
terça-feira, 30 de setembro de 2008
¡Ata maio non voltamos a Breamo!
portando a imaxe de San Miguel
o son das gaitas.
Deixovos coas reportaxes que fixeron en directo os da TVG en Breamo pra deleite de todos aqueles que non os viron. O primeiro é a conexión que fixeron a primeira hora.
Neste vai a entrevista que lle fixeron a unha pandilla a hora da comida.
Publicada por Eumes 0 comentários
domingo, 28 de setembro de 2008
O 29 de setembro subimos a Breamo

Chega o 29 de setembro, unha data agardada por tódolos eumeses para despedir o verán cunha Romaría no monte de Breamo.
Unha data na que respírase ledicia e o ambiente festivo pálpase no ambiente.
Lembra o lema que lanzan desde o concello "En Breamo xoga limpo", un eslógan que non fai mais que recordarnos que a diversión é posibel sin deixar todo cheo de lixo.

Unha vez dito o anterior so quédame convidarvos a participar da festa e a cantar conmigo " Solo te pido, solo te pido que me dejes tres días al año, San Miguel, Breamo y el río .....".
¡Que o pasedes ben!
Publicada por Eumes 0 comentários
segunda-feira, 22 de setembro de 2008
terça-feira, 2 de setembro de 2008
III Festival de Jazz de Pontedeume

Chega a súa III Edición o Festival de Jazz de Pontedeume. Este Festival está baixo a organización da Asociación Cultural Ponte da Música,
¡Que o pasedes ben!.
Publicada por Eumes 0 comentários
sábado, 30 de agosto de 2008
Blogue con toda a programación das Festas das Peras 2008
Deixovos aquí o banner
¡Que o pasedes ben!.
Publicada por Eumes 0 comentários
O concerto de Cristina Pato e Mutenrohi será no pavillón da Casqueira

Publicada por Eumes 0 comentários
sexta-feira, 29 de agosto de 2008
O venres Quinteto musical Valla-Brass e o sábado Cristina Pato e Mutenrohi

O venres día 29 de agosto a partires das 21'00 horas, na Igrexa parroquial de Santiago haberá a actuación musical do "Quinteto musical Valla-Brass".
O sábado 30 de agosto a partires das 22'00 horas, no Paseo Marítimo de Pontedeume haberá un concerto a cargo de "Cristina Pato e Mutenrohi".
¡Que o pasedes ben!.
Publicada por Eumes 0 comentários
terça-feira, 26 de agosto de 2008
Xa está nas rúas de Pontedeume o libro das "Festas das Peras 2008"
Xa está nas rúas de Pontedeume o libro con toda a programación e actividades das Festas das Peras 2008.
Si non te queres perder nada ¡corre a mercalo! pois para este ano hai moitas actividades e novidades entre as que se inclúe unha velada puntuable para o campionato de España.
¡Que o pasedes ben!.
Publicada por Eumes 0 comentários
sábado, 23 de agosto de 2008
Noite de maxia en Pontedeume
Hoxe sábado a partires das 22'00 horas na praza da Calzada, será unha noite máxica en Pontedeume. A esa hora o "Mago Romarís"
¡Que o pasedes ben!.
Publicada por Eumes 0 comentários
sexta-feira, 22 de agosto de 2008
II Festa do Bisté da Marola en Pontedeume
Esta festa está organizada e patrocinada por U.C.O.A. e coa colaboura do Concello de Pontedeume.
Nesta edición contarase coa actuación dunha charanga durante toda a noite.
Tralo éxito da I Edición a festa está asegurada, polo que desde aquí desexamos ¡Que o pasedes ben!.
Publicada por Eumes 0 comentários
segunda-feira, 18 de agosto de 2008
"O soño dunha noite de verán" a cargo de Arjé Teatro do I.E.S Breamo



Nesta páxina non se puxo noticia algunha dado que non nos enteramos a tempo de poñela e porque o correo que se recibiu para publicitálo acto chegou na tarde do sábado.
De tódolos xeitos aquí queda a nosa aportación e recoñecemento a Arjé Teatro polo bo rato que pasamos ao seu carón.
Deixovos o programa que nos deron para seguíla obra.
Esta obra de teatro organizouna o Concello de Pontedeume coa colaboura da Asociación de Veciños de Pontedeume.
¡Noraboa rapaces!.
Publicada por Eumes 0 comentários
quinta-feira, 14 de agosto de 2008
V edición do Festival de Verán Pontedeume 2008
Con esta mensaxe, a comisión organizadora do Festival quere invitarvos ao evento:
Un ano máis, e xa van cinco, celebraremos o "Festival de Verán" marcado polo pasamento de D. Antonio Leira (El Patolo) que nos deixou orfos da súa bonhomía e sobre todo a súa música. O seu inxente labor como director da Agrupación Artística Eumesa, da Banda Municipal e da Coral Polifónica, entre outras, encheu de melodías varias décadas de vida Eumesa. Que grande foi a súa semente e que colleita de músicos sairon das súas mans¡. Coa súa lembranza e o noso desexo de disfrute coas actuacións dos músicos e artistas eumeses, invitámolos a este 5º Festival.
- POLOLA
- MANUEL MOLARES
- ORBALLO
- ESTRELECER
- CHICAS DE ORO
- TRASNOCHADORES
- MACHUCAMBOS DEL EUME
- INTERMEZZO
- IRIADONA
- MARCOS Y EL EXTRAÑO
- A. BUJÍA (solista guitarra)
- MARÍA (La Habanera)
- ANA BELÉN
- CRISTINA
- TITO RÍOS
- PILAR BARRO
- CLARA



Deixovos o enlace do artigo que mereceu a IV edición do Festival de Verán neste blogue.
¡Que o pasedes ben!
Publicada por Eumes 0 comentários
quarta-feira, 13 de agosto de 2008
Festas na honra a Santa María en Centroña
- Mañá xoves día 14 de agosto comezarán as festas de Centroña na honra a Santa María. As 21'00 horas cunha salva de bombas de palenque dará comezo as festas e anunciarán que as 21'30 horas haberá unha Gran Polbada. As 23'00 horas dará comezo a verbena coa Orquestra Chaston.
- O venres 15 de agosto, día de Santa María, as 08'00 horas cunha gran salva de bombas de palenque iniciarase o día e de seguido alborada co Grupo de Gaitas "Airiños do Frade". As 13'30 horas haberá Misa Solemne acompañado coa Coral Polifónica Eumesa. As 14'30 horas haberá sesión vermouth coa Orquestra Xente Nova, orquestra que fará as delicias de todos na verbena a partires das 23'00 horas.
- Para o sábado día 16 de agosto, día de San Roque, as bombas de palenque das 08'00 horas iniciarán os festexos. As 13'30 horas haberá Misa Solemne acompañada do Coro de Franza. As 14'30 horas comezará a sesión vermouth coa Orquestra Chicas Show. As 17'30 horas haberá un concurso de tortillas e doces con xogos para os mais cativos. As 23'00 horas comezará a verbena coa Orquestra Chicas Show para facer un alto as 00'00 horas na que haberá unha Gran Tirada de Fogos de Artificio, para continuar coa verbena a partires das 00'30 horas.
- Para o domingo 17 de agosto, día dos Caneiros, haberá a partires das 14'00 horas unha Gran Sardiñada amenizada pola Charanga "O Vindaval" de Fisterra. As 20'00 horas haberá unha gran traca final para dar por finalizadas as Festas de Centroña 2008.
Publicada por Eumes 0 comentários
sábado, 9 de agosto de 2008
Polbo a feira, carnaval de verán e Rober Bodegas opcións para hoxe en Pontedeume
- Comezamos o día con unha Gran Polbada e música no peirao de Pontedeume baixo a organización do clube de balonmán de Pontedeume. Nesta páxina tedes toda a información do evento.

- Seguimos có Carnaval de Verán, un evento que enche de ledicia e cor as rúas de Pontedeume. Deixovos o cartaz
e a fotografía do disfraz de onte de Juancho,
o organizador do evento, para que vexades o nivel dos disfraces en Pontedeume. Para os mais cativos haberá unha gran festa infantil de disfraces na Alameda.
- E como colofón a todo o día podemos disfrutar a partires das 01'00 horas na cervexería Beer´s Club, dun dos mellores monologuistas do momento, Rober Bodegas.

Publicada por Eumes 0 comentários
sexta-feira, 8 de agosto de 2008
Hoxe en Pontedeume comeza o "Carnaval de Verán"

Chegou o día do inicio do Carnaval de Verán de Pontedeume. Un Carnaval que chega a súa 4ª edición precedido do éxito que tivo nas anteriores edicións e que nesta ocasión tamén repartirá 1400 euros en premios.
Deixovos o cartaz dos locais participantes no concurso do Carnaval de Verán, locais onde podedes acumular puntos cara os premios que sortean.

Deixovos o enlace do cartaz e fotos do ano pasado.
¡Que o pasedes ben!.
Publicada por Eumes 0 comentários