quarta-feira, 6 de junho de 2007

Buscador de Festas en Galicia.

Teño o gusto de amosarvos un enlace que me fixo chegar un amigo, no que poderedes buscar as Festas que poderemos disfrutar en toda galicia.
Na mesma poderedes buscar tanto por datas como por localidades.
Unha aperta e graciñas por a tua colaboración Evaristo.
¡Que o pasedes ben!.

domingo, 3 de junho de 2007

Festas en Cabañas


Mais do mesmo, pois xa sei que Cabañas non pertence ao noso concello, pero dada a sua proximidade a nosa vila, somentes temos que cruzar a ponte, amósovos o cartel das festas de Cabañas para o disfrute e lecer de todos nós.
As festas do Corpus escomenzarán o vindeiro sábado día 9 de xuño con un pasarúas a cargo do grupo de gaitas ALDABRA, e sobor das 23'00 horas poderemos disfrutar da ORQUESTRA VENECIA, ata altas horas da mañán.
Para o domingo nos teñen previsto despertar con unha salva de bombas de palenque sobor das 9 da mañá, para que teñamos tempo de acudir as 12'00 a Misa Cantada por INTERMEZZO, podendo disfrutar despois tanto na sesión vermouth, como na festa e verbena da ORQUESTRA MONTES, téndonos reservado como sorpresa final e remate das festas, unha gran tirada de Fogos de Artificio sobor da media noite. ¡Que o pasedes ben!.

sábado, 2 de junho de 2007

Concerto no Beer´s Club.



Como tódolos venres poidemos disfrutar do concerto que se celebra no beer's club, tocándolle nesta ocasión a unha homenaxe a "Los Secretos" da man de catro amigos como son Marcos Mella a voz, Iño Cid no baixo, Cabe na guitarra e José Piñeiro a batería, sendo estes dous últimos, integrantes de LOS TIGRES DEL CAÑOTAS, un grupo que particularmente vos recomendo, non rematando ahí a noite xa que debido a xenerosidade de José Piñeiro, permitiu que subise a tocála batería Moncho Prego o cal nos amosou as suas virtudes na batería. Noraboa por o concerto.