quinta-feira, 9 de agosto de 2007

En Pontedeume estamos de Antroido.

Noutras Vilas farán festas a esgalla, e na busca de pasalo ben aquí somos caseque os mellores ou polo menos atopámonos no top ten mundial.
Os días 10 e 11 de agosto, na Vila terá lugar o 3º Antroido de Verán, que como a propia palabra o di, festa e diversión por tódolos rincóns da Vila.
Baixo a organización de Juancho e con a colaboración do concello e de moitos establecementos hostaleiros, se irán repartindo puntos a os que acudan disfrazados a os anteriores, acadando premios os que acumulen mais puntos.
Nesta ocasión se repartirán un total de 1.300 euros tendo o primeiro premio unha cuantía de 300 euros.
O que queira festa xa non ten excusas, por o que dende aquí somentes me queda desexarvos ¡Que o pasades ben!.

quarta-feira, 8 de agosto de 2007

IV Festival de Música de Verán de Pontedeume.


No incomparable marco que nos ofrece a Praza de San Roque (A Calzada), nos xuntaremos para alegrarlles o verán e darlles a benvida a tódolos Eumeses e fieis visitantes con a linguaxe universal da música.
O marco histórico que nos viu nacer, con o río Eume, as suas praias e con Breamo gardándolle as suas costas, foi permanente fonte de inspiración musical xeración tras xeración
Así contamos con José Paz (Pepucho), Nardo Bellas, Jesús Fernández, Tito Ríos, ..., que siguen a manteñer a tradición de concertos e serenatas, seguindo o exemplo dos nosos ancestros.
A vosa presenza, ano tras ano, e o imprescindible apoio da Concellalía de Cultura, fan posible a celebración deste festival.
A Comisión.

Neste Festival poderemos contar como presentador a Manuel Molares e con as seguintes actuacións:
  • Coral Polifónica Eumesa
  • Coral Intermezzo
  • Rondalla Estrelecer (Fene)
  • Grupo Musical Charamela
  • Grupo Folclórico Orballo
  • Trasnochadores del Eume
  • Machucambos del Eume
Guitarra:
  • Carlos García
Solistas:
  • Zalo
  • Antonio Bujía
  • Ana Belén
  • Cristina
  • Amada
Comisión Organizadora:
  • Juan Sarmiento
  • Antonio Piñeiro López
  • Jesús Bardancas

¡Que o pasedes ben!.

sexta-feira, 3 de agosto de 2007

Festival Internacional de Folclore de Pontedeume.


Hoxe a partires das 21'00 horas no paseo marítimo de Pontedeume, baixo a organización da Agrupación Folclórica Orballo de Pontedeume e presentado por o locutor de radio Nicolás Camino, terá lugar un Festival Internacional de Música e Danzas Tradicionais.
Un certame que este ano acada a súa vixésima edición, e contará con a actuación de catro agrupacións entre a que estará Orballo de Pontedeume, Elenco de Música Coros y Danzas Jallmay (Perú), Asociación de Coros y Danzas Despertar el Ayer (Villanueva de Alcardete-Toledo) e a Compañía Estatal de Canto y Danza Tatarstan (Ex-República Soviética).
Coincidindo con o Festival terá lugar unha tómbola popular con o obxectivo de recaudar fondos para a Organización do Festival.
¡Que o pasedes ben!.