sexta-feira, 8 de agosto de 2008

Hoxe en Pontedeume comeza o "Carnaval de Verán"


Chegou o día do inicio do Carnaval de Verán de Pontedeume. Un Carnaval que chega a súa 4ª edición precedido do éxito que tivo nas anteriores edicións e que nesta ocasión tamén repartirá 1400 euros en premios.
Deixovos o cartaz dos locais participantes no concurso do Carnaval de Verán, locais onde podedes acumular puntos cara os premios que sortean.


Deixovos o enlace do cartaz e fotos do ano pasado.
¡Que o pasedes ben!.

quinta-feira, 7 de agosto de 2008

Hoxe música clásica e o sábado teatro


Hoxe xoves día 7 de agosto as 21'30 horas e no marco incomparábel que ofrece a Igrexa das Virtudes hai un concerto de música clásica a cargo do grupo "Astor piazzola e o tango intelectual".

Para o sábado día 9 de agosto as 21'30 horas na casa da cultura o grupo de teatro Galileo ofrécennos a obra de teatro "O Avaro" de Moliér.

¡Que o pasedes ben!.

segunda-feira, 4 de agosto de 2008

Festival GAUCHOROCK o vindeiro xoves 7 de agosto en Pontedeume

O vindeiro xoves 7 de Agosto as 22:00 horas arrancará o Festival GAUCHOROCK na sala Coliseo de Pontedeume con entrada gratuita.
Este festival está argallado pola Banda de Ferrolterra Eskakeo que este mes cumple 13 años facendo Rock na comarca, un Festival que pretende rendir homenaxe ao cantante de Eskakeo, Leo Homrich, que nos vindeiros días regresará ao seu país natal Uruguay despois de varios años residindo en Fene.
Neste evento participarán
as seguintes 6 bandas "amigas" da comarca, coa intención de rachar con todo no escenario: ¡Que o pasedes ben!.