sábado, 9 de agosto de 2008

Polbo a feira, carnaval de verán e Rober Bodegas opcións para hoxe en Pontedeume

Para hoxe sábado 9 de agosto en Pontedeume temos moitas opccións, entre as que cabe destacar as seguintes:
  • Comezamos o día con unha Gran Polbada e música no peirao de Pontedeume baixo a organización do clube de balonmán de Pontedeume. Nesta páxina tedes toda a información do evento.
  • Seguimos có Carnaval de Verán, un evento que enche de ledicia e cor as rúas de Pontedeume. Deixovos o cartaz e a fotografía do disfraz de onte de Juancho, o organizador do evento, para que vexades o nivel dos disfraces en Pontedeume. Para os mais cativos haberá unha gran festa infantil de disfraces na Alameda.
  • E como colofón a todo o día podemos disfrutar a partires das 01'00 horas na cervexería Beer´s Club, dun dos mellores monologuistas do momento, Rober Bodegas.


¡Que o pasedes ben!.


sexta-feira, 8 de agosto de 2008

Hoxe en Pontedeume comeza o "Carnaval de Verán"


Chegou o día do inicio do Carnaval de Verán de Pontedeume. Un Carnaval que chega a súa 4ª edición precedido do éxito que tivo nas anteriores edicións e que nesta ocasión tamén repartirá 1400 euros en premios.
Deixovos o cartaz dos locais participantes no concurso do Carnaval de Verán, locais onde podedes acumular puntos cara os premios que sortean.


Deixovos o enlace do cartaz e fotos do ano pasado.
¡Que o pasedes ben!.

quinta-feira, 7 de agosto de 2008

Hoxe música clásica e o sábado teatro


Hoxe xoves día 7 de agosto as 21'30 horas e no marco incomparábel que ofrece a Igrexa das Virtudes hai un concerto de música clásica a cargo do grupo "Astor piazzola e o tango intelectual".

Para o sábado día 9 de agosto as 21'30 horas na casa da cultura o grupo de teatro Galileo ofrécennos a obra de teatro "O Avaro" de Moliér.

¡Que o pasedes ben!.