sexta-feira, 5 de junho de 2009

Festa presentación do equipo "Tembrás Sport"


Co gallo da presentación do equipo "Tembrás Sport" para o próximo Rally de Narón, o sábado día 6 a partires das 9 da noite haberá unha pequena festa no bar "Lar d'Antón" (fronte á praza do pan de Pontedeume) onde haberá pinchos varios e bocatas de xamón asado a prezos populares e anticrise.
Estarán expostos os vehículos que utilizarán este ano e darán un pequeno toque Racing con videos de coches.
Garántese festa a esgalla faga bo tempo ou non, para iso a festa será no bar.... onde a cervexa estará ben fría!!!.
¡Que o pasedes ben!.

domingo, 31 de maio de 2009

Pontedeume en Vieiros

Un titular bastante conciso pero que reflicte con claridade o artigo de hoxe.
Hai tempo dende este blog intentouse dar a publicidade axeitada ás nosas festas coa intención de que estas chegasen ao coñecemento do máximo número de persoas.
Hoxe como proba de que este traballo é seguido e alcanza o obxectivo que se intentou dende a súa creación, móstrovos dúas fotografías


pertencen á edición de hoxe de Vieiros nas que se pode ver Pontedeume non só sae en prensa por temas políticos, senón que tamén reflicten o XXVI Día da Muiñeira de Pontedeume, unha festa á que dende este blog se recolleu e que tivo a honra de saír publicada na súa portada.
Dende este blog grazas a Vieiros e a Blogaliza por contribuír á difusión das nosas festas.

sexta-feira, 29 de maio de 2009

XXVI Edición do día da Muiñeira en Pontedeume


O vindeiro domingo chega a súa XXVI edición o día da Muiñeira.
Baixo a organización da Asociación Folklórica e Cultural Orballo de Pontedeume e do Concello de Pontedeume, desenvolveránse as seguintes actividades co gallo da celebración do seu 30 aniversario.
  • As 17'00 horas haberá concentración dos Grupos na Alameda de Raxoi
  • As 17'30 horas terá lugar o desfile polas principais rúas da Vila
  • As 18'00 horas darán comezo os actos centrais no Paseo Marítimo
¡Que o pasedes ben!.