quarta-feira, 1 de agosto de 2007

Novo Concerto das lúas Cheas da Rúa Real de Pontedeume.

Para este xoves 2 de agosto a partires das 22'00 horas haberá un novo concerto na rúa Real, desta vez a cargo do Grupo Coruñés "The Virginals".
¡Que o pasedes ben!.

domingo, 29 de julho de 2007

Éxito do IV Festival de Habaneras Concello de Pontedeume.

Baixo unha organización impecable, un marco incomparable como é a Praza da Calzada e gozando dun día maravilloso, poidemos deleitarnos con as Habaneras que nos ofreceron.
A gran asistencia de público e a sua total entrega o disfrute, conseguiron que as verbas hoxe sobren, por o que somentes vos poñerei as fotografías para recordo e ledicia ata que o vindeiro ano chegue a V Edición do Festival.

domingo, 22 de julho de 2007

IV Festival de Habaneras Concello de Pontedeume.


Para o vindeiro día 28 de xullo na vila poderemos disfrutar do IV Festival de Habaneras.

Este festival que xa chega a sua cuarta edición e baixo a organización da Coral Polifónica Eumesa, patrocinio do Concello de Pontedeume e colaboración da Deputación da Coruña, nun marco incomparable como é a Praza da Calzada de Pontedeume, sobor das 21'00 horas do día 28, poderemos disfrutar e deleitarnos con a actuación das seguintes Corales e de un Orfeón que vos paso a enumerar:
  • Coral "Renfe" de Monforte-Lugo.
  • Coral Polifónica "Val do Avia" de Leiro-Ourense.
  • Coral Polifónica "Trasdeza" de Silleda-Pontevedra.
  • Orfeón "Mieres de Mieres-Asturias.
  • Coral Polifónica "Eumesa" de Pontedeume-Coruña.
Somentes me queda desexarvos ¡Que o pasedes ben!.