domingo, 9 de setembro de 2007

A cucaña das Peras 2007.

Estamos de cheo nas Festas de Pontedeume, As Peras 2007.
Hoxe o artigo versará sobor de un dos momentos que mais me gustan tanto a mín como a tódolos visitantes que veñen a Vila, a Cucaña Marítima.
Xa sabedes do que estou a falar, pero para aquelas persoas que descoñezan o que é, decirlles que se trata de poñer nun barco un pao inclinado untado con sebo e na punta do mesmo unha bandeira. Unha vez colocado todo esto e por riguroso orde hai que tratar de coller a bandeira, levando suculentos premios as tres primeiras persoas que o conseguen.
Por toda a Vila xa sabemos cando as collen, a fotografía anterior corresponde o momento en que Xavier non me lembro do seu apelido colle a segunda bandeira, pois cada vez que se colle unha bandeira soan bombas de palenque, na primeira unha bomba, nas segunda duas e tres na terceira, que dan paso de seguido a un dos momentos preferidos dos rapaces, a Queima do Galán, un boneco que ten no seu interior material pirotécnico e que rema ata estoupar.



sexta-feira, 7 de setembro de 2007

Dende Pontedeume para o mundo, ¡As Peras 2007!.

Deron as doce do medio día e puntuais a sua cita acudiron os Mómaros e os Cabezudos. A praza e rúas colindantes ateigadas de xente foron testemuñas de como os chupinazos deron inicio as festas con a presenza do Alcalde e algúns concelleiros,de seguido puidemos ver o primeiro bico entre os mómaros

para despois dar paso o pasarrúas por todo o pobo e así dar por comezadas as Festas das Peras 2007 de Pontedeume.
¡Que pasedes boas Festas!.



quinta-feira, 6 de setembro de 2007

Mañá 7 de Septembro Festival de Jazz "Don Ulpíano Jazz"


Baixo a organización de Xulio do Bar Fubolín as 22'00 horas no Xardín de Lombardero, escomenzará o "Don Ulpíano Jazz", un festival de Jazz que chega a sua segunda edición e no que participarán
  • Najla e Héctor
  • Cool Beat
  • Fredy Fevereiro
Recoméndovos a asistencia o mesmo por a grandeza musical que atesouran todos eles, e moi especial a música brasileira de Fredy Fevereiro, do que poseo un cd.
¡Que o pasedes ben!.