segunda-feira, 11 de fevereiro de 2008

Doar sangue é doar vida

O martes 12 de febreiro desde as 10'00 ata as 14'00 horas e desde as 16'00 ata as 21'00 horas a unidade móbil do centro de transfusión de Galicia, estará na Alameda de Rajoy esperando a solidariedade de tódolos eumeses, porque recorda "Doar sangue é doar vida".


sexta-feira, 1 de fevereiro de 2008

Hoxe no Fubolín hai un "Perro cocido"

Chega o entroido a Pontedeume e Don Carnal reencarnado na persoa de Xulio, ofrécenos a oportunidade como tódolos anos de celebrar a súa chegada degustando un "Perro cocido". Digo "Perro cocido" porque dada a cantidade de comida que ten preparada non é para menos, desde os 50 quilos de grelos con denominación de Xestoso, pasando polos máis de 100 quilos de costela,lacón e chourizos, o que fará que a partir das 22'00 horas de hoxe 1 de febreiro o bar Fubolín convértase nunha festa pagá pero moi saborosa baixo a dirección do noso Don Carnal Xulio. Deixovos o cartaz da festa e dúas fotos na que se poden ver parte dos grelos e da carne.
¡Que o pasedes ben!.


segunda-feira, 14 de janeiro de 2008

XIII concerto de Treme a Terra en Pontedeume

Cartaz do concerto que o vindeiro día 18 de xaneiro a partires das 21'30 horas na pista polideportiva que hai na avenida Ricardo Sánchez de Pontedeume.
Un concerto que chega a súa XIII edición e que nesta ocasión conta con as actuacións de:
  • O som do galpóm
Páxina de komunikando onde tedes información de O som do galpóm

  • Motor perkins
Información de Motor perkins


Datos sacados da páxina de Treme a terra.
¡Que o pasedes ben!.