segunda-feira, 12 de maio de 2008

Chenoa brilou na noite de Ombre


Durante toda a tarde do sábado a choiva fixo presenza na comarca do Eume polo que a suspensión do concerto planeaba polo ambiente.

Esta mesma choiva non impediu que tódolos preparativos que se previron para o normal desenvolvemento do mesmo como poden ser o control do tráfico xa que era o máis temido, fóra sobresaliente, pero non así o acondicionamiento do recinto para recibir a tanta xente como arrastra tras de se Chenoa, xa que aínda que o barro fixo presenza ao chover, non se entende como non se acondicionou a pista sabendo das prediccións metereolóxicas con zaorra ou outro material, aos seus fans incondicionales non lles importou o encherse de barro ata as orellas.


Outro dos puntos débiles foi a falta de previsión e acondicionamiento de servizos para os asistentes ao concerto tales como wc ou lugares onde tomar algo nas horas previas ao concerto, e o último e máis importante e como consecuencia da habilitación dos "leira-parkings" sabendo que chovía como non previra algo para axudar a saír aos coches dos mesmos ao finalizar por culpa do barro, situación que se salvou grazas a protección civil.
Pero por encima de todo isto están tódolos "Chenoistas" que souberon sobrepoñerse a todos estes inconvenientes arroupando a Chenoa en todo momento, respondendo esta con todo o que ten dentro logrando que todos marchasen cun bo sabor de boca e pese ao barro ninguén dixese que non mereceu a pena asistir ao concerto
Desde aquí noraboa á organización pese aos fallos que tiveron, a Chenoa e a todos os "Chenoistas".


sábado, 10 de maio de 2008

Chenoa aterra hoxe en Ombre


Hoxe aterra en Ombre Laura Corradini, mais coñecida como "Chenoa", na que de seguro será unha xornada na que Chenoístas de toda Galiza acudirán a coreálas súas cancións.
Trala suspensión do concerto que tiña previsto en León por motivos técnicos, o de Ombre é o primeiro concerto da xira galega, polo que o chegar mais descansada promete un concerto espectacular.
Desde esta bitácora pídolles a tódolos asistentes paciencia para chegar o lugar do concerto, pois ainda que desde a comisión de festas teñan previsto unhas actuacións especiais en torno ao concerto, atóxaseme que debido a gran afluencia de xente prevista as mellores armas para ir ao concerto serán a paciencia e a tranquilidade.
Para saber mais datos do despregue previsto pola comisión de festas podedes ver os artigo que a Voz e a Opinión adícalle as Festas de Ombre.
¡Que o pasedes ben!.


sexta-feira, 9 de maio de 2008

Breamo en branco e negro (fotos)

Xa pasou o Breamo de maio polo que xa queda menos pro río. Este foi un Breamo especial dado que foi o primeiro que cheguei a tempo de asistir a misa e procesión, polo que quixen recordalo como os Breamos de antes facendo unhas fotografías en branco e negro que quero compartir con todos poñendo así o meu gran de area para facer que esta festa chegue a ser coñecida en tódolos rincóns do mundo.
Espero vos gusten e as disfrutedes tanto como o fixen eu onte.