sexta-feira, 29 de agosto de 2008

O venres Quinteto musical Valla-Brass e o sábado Cristina Pato e Mutenrohi


O venres día 29 de agosto a partires das 21'00 horas, na Igrexa parroquial de Santiago haberá a actuación musical do "Quinteto musical Valla-Brass".
O sábado 30 de agosto a partires das 22'00 horas, no Paseo Marítimo de Pontedeume haberá un concerto a cargo de "Cristina Pato e Mutenrohi".

Deixovos un vídeo preludio do que veremos o sábado



¡Que o pasedes ben!.


terça-feira, 26 de agosto de 2008

Xa está nas rúas de Pontedeume o libro das "Festas das Peras 2008"


Xa está nas rúas de Pontedeume o libro con toda a programación e actividades das Festas das Peras 2008.
Si non te queres perder nada ¡corre a mercalo! pois para este ano hai moitas actividades e novidades entre as que se inclúe unha velada puntuable para o campionato de España.
¡Que o pasedes ben!.

sábado, 23 de agosto de 2008

Noite de maxia en Pontedeume


Hoxe sábado a partires das 22'00 horas na praza da Calzada, será unha noite máxica en Pontedeume. A esa hora o "Mago Romarís"

fará as delicias e ilusionará a tódalas persoas que acudan a chamada do seu espectáculo titulado "Triunfos Copas".
¡Que o pasedes ben!.