quinta-feira, 31 de maio de 2007

Festas do Carmen en Pontedeume.


Os vindeiros 14, 15 e 16 de xullo se celebrarán en Pontedeume as tradicionais festas do Carmen.
As festas comenzarán o día 14 sobor das 18'30 horas con unha gran tirada de bombas de palenque mentras se está a preparar a Gran Sardiñada no peirao amenizada tanto a festa como a verbena por o Grupo COMPÁS.
O domingo día 15 sobor das 12'00 horas escomenzarán os festexos con un pasarrúas a cargo da Charanga CHARAMELA. As 22'30 horas na Alameda de Raxoi a Orquestra NOVA IMPERIAL amenizarános a verbena ata altas horas.
O luns día 16 terá lugar a tradicional Procesión e Danza de Arcos e acto seguido Misa solemne con a compaña da Coral. Sobor das 22'30 horas comenzará a verbena na alameda de Raxoi a cargo da Orquestra FOLIADA ata altas horas na que se darán por rematadas as festas. ¡Que o pasedes ben!.

0 comentários: