
Para o día 25 día principal da festa, poderemos disfrutar dende as oito da mañán dun pasarrúas a cargo do grupo de gaitas Trouleada e de Misa Solemne na honra a Santiago Apóstol as 13'30 horas, pasando despois a unha sesión vermú animada por o Grupo musical Libertad. Despois sobor das 23'00 horas e como plato forte das festas poderemos disfrutar da Orquestra Paris de Noia podendo deleitarnos no descanso da mesma, dunha tirada de fogos artificiais.
Para o día 26 teremos outra Misa Solemne na honra do Santísimo, podendo participar o remate da mesma de unha sesión vermú a cargo da Orquestra Xente Nova. Sobor das 23'00 horas escomenzará a festa que durará ata altas horas da madrugada.
¡Que o pasedes ben!.
0 comentários:
Enviar um comentário