sexta-feira, 31 de agosto de 2007

Chegan a Pontedeume as Festas, "As Peras 2007".

Estamos as portas de que cheguen as Festas das Peras en Pontedeume e neste ano como nos derradeiros prometen diversión e festa por tódolos recunchos da Vila.
Para que estedes informados de toda a programación invítovos a visitar o blog dun amigo, As Peras 2007, no que nos amosa toda a programación e actividades día por día.
Unha aperta por o blog, e grazas por o traballo que fixeches en aras de que tivésemos toda a información posible da festa.
¡Que o pasedes ben!.


1 comentários:

bárbara disse...

Ola, son Bárbara, dinamizadora da sociedade da información do concello de Pontedeume. Agradecería publicárades a seguinte información no voso blog. Gracias, un saúdo.

“Obradoiro de saúde na rede” en Pontedeume.

O concello de Pontedeume en colaboración coa Rede de Dinamización de Sociedade da Información, celebra os próximos días 13 e 14 de setembro (centro de formación FOREMDES) un “Obradoiro de saúde na rede”. A actividade dividirase en dúas sesión de dúas horas cada unha (de 10 a 12 horas da mañá) e trataranse contidos tales como: pedir cita médica a través de internet, tramitar a tarxeta sanitaria, información sobre alimentación e nutrición, hospitais e farmacias de guardia ou como manterse en forma, entre outros.
As persoas interesadas poderán inscribirse no departamento de Servizos Sociais do concello eumés. O prazo remata o día 12 de setembro ás 14 horas.
O único requisito para apuntarse é ter coñecementos báscios de navegación por Internet.