segunda-feira, 21 de maio de 2007

Luns de cine no Tostaky

Como tódolos lúns podemos disfrutar de cine en V.O. no Tostaky, propoñéndonos para hoxe "Con la muerte en los talones", do cal vos deixo constancia por o medio do cartel anunciador.

Concerto no Tostaky


O pasado venres tivemos a honra de escoitar un concerto de Swing, protagonizado por Jose "Gigolo" e Gastón na guitarra e Quique no contrabaixo. Deixo constancia do mesmo amosándovos o cartel do evento e unhas instantáneas. Dende aquí unha aperta a Miguel do Tostaky que segue a propoñernos novos alicientes para as noites eumesas. Noraboa.