segunda-feira, 28 de maio de 2007

Remate do ciclo de cine en V.O., no tostaky.

Como colofón a tempada de cine en v.o. no Tostaky, o noso amigo Miguel ten preparada a película "Un cadaver a los postres" poñendo como condición e como festa remate que todo aquel que queira asistir a proxección da mesma ten que asistir disfrazado.
Este ciclo toma un respiro ata mais ou menos o remate de setembro, sin ter unha data fixa, da que vos manterei informados.
Dende este blog dar a noraboa a Miguel e a Xoan por o seu traballo e o interés mostrado en ofrecernos mais alicientes para as noites dos luns.
Graciñas e ata a próxima tempada.

0 comentários: