quinta-feira, 19 de julho de 2007

Novo Concerto das lúas Cheas da Rúa Real de Pontedeume.

Para este venres día 20, estes cinco empresarios xa hai tempo escomenzaron a argallar As Lúas Cheas da Rúa Real de Pontedeume, nos teñen reservado un concerto que promete, según verbas de Miguel do "Tostaky".

Se trata de un grupo de rock que ten unha amplia traxectoria e que poderedes disfrutar tamén no Nabiza Rock 2007 de As Pontes no día 23.
¿Que o pasedes ben!.

Festas en Vilar-Campolongo na honra a Santa Margarita.


Hoxe día 19 escomenzan as festas en Vilar-Campolongo, con a actuación das Orquestras Costa Oeste e Philadelfia.
Para o día 20 teñen previsto contar con as Orquestras Montes e Pontevedra.
E como remate das festas teñen previsto que o sábado día 21 a actuación do Grupo Jockers, día que tamén se poderá disfrutar de unha churrascada e o sorteo de grandes agasallos.
¡Que o pasedes Ben!.

sábado, 14 de julho de 2007

Festas do Carmen en Pontedeume.


Como anteriormente xa vos informei xa estamos nas Festas do Carmen en Pontedeume.
Como nova principal comentarvos que volveremos a disfrutar o vindeiro luns, sobor das 18'45 horas da Tradicional Procesión Marítima do Carmen, como ven reza no artigo que saiu publicado hoxe na Voz de Galicia.
¡Que o pasedes ben!.