sexta-feira, 25 de maio de 2007

Venres de movida no pobo.

Hoxe poderemos disfrutar de un venres de festa no pobo, que vos paso a enumerar dende a pouca información que me chega, por o que si falta algún dato espero que @s perxudicad@s me perdoen.

Sobor das 19'00 horas Terra Galega terá unha festa na rúa Real con pasteis e pinchos contando con a animación de un cantante, finalizando a festa con un mitin de peche de campaña.

Sobor das 20'00 horas o BNG terá na praza do Convento a sua festa con reparto de bebida e mexilóns de balde finalizando con o seu mitin de peche de campaña.

A mesma hora e na praza da calzada o PP fará a sua festa repartindo mexilóns, tortilla e bebida, darán o seu mitin de peche de campaña e acto seguido se poderá disfrutar na festa amenizada por un novo grupo de música eumés.

Sobor das 21'30 horas o PSOE na praza da Alameda fará a sua festa, na que se poderá degustar tortilla, empanada, pinchos variados e bebida de balde, darán o seu mitin de peche de campaña e a continuación se poderá disfrutar na festa amenizada por a orquestra Xente Nova.

Con menos información sobor dos Independentes de Pontedeume, vos podo decir que na rúa de Raxoi terán a sua festa e o seu mitin de fin de campaña aderezado con unha churrascada para tódolos asistentes.

Sobor do COE non se teñen novas de que fagan algo, pero me comprometo a mantervos informados.

Esperando que o tempo acompañe e permita a tódolos eumeses e demais xente que nos queira visitar disfrutar de tódalas actividades antes enumeradas, somentes me queda desexarvos que o pasedes ben.

0 comentários: